“Un asunto privado”, extenderá a súa rodaxe en Pontevedra ata marzo

“Un asunto privado”, extenderá a súa rodaxe en Pontevedra ata marzo

A cidade de Pontevedra converteuse hai semanas en plató de cinema con motivo da rodaxe da serie “Un asunto privado” que está a levar a cabo Bambú Producións para a plataforma Amazon.

A pontevedresa Teresa Fernández-Valdés, fundadora da exitosa produtora, asistiu está mañá a unha recepción por parte do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde, que coordinou os operativos de seguridade e ocupación da via pública precisos para levar a cabo ás gravacións.

Fernández-Valdés afirmou que non dá por terminada a rodaxe xa que “aínda que inicialmente estaba pensada para facerse entre Madrid e Bilbao, decidimos trasladar a Galicia a maior parte. Todo vai segundo o previsto e estamos encantados coa colaboración tamén dos veciños/as, incluso coa equipa de figuración: é todo novidade e afrontan con moita ilusión cada xornada. De estar aquí estamos moi felices eu, os actores que non coñecían as Rías Baixas, e tivemos sorte ata co tempo. Iremos agora a Madrid, pararemos un par de semanas no Nadal e regresaremos a esta zona ata marzo”.

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba