- por GaZeta
O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense presentarase pasado mañá, mércores, 28 de outubro, nun evento público que se poderá seguir en liña por streaming (Poderá seguirse por streaming en: https://youtu.be/osTUs_uft1g), aberto a todas as persoas que desexen coñecer o proxecto que pon en marcha o Concello de Ourense, e os servizos e liñas de traballo que desenvolverá.
No acto participarán representantes do Concello e de diferentes entidades que colaboran co centro: A Universidade Española de Educación a Distancia, a Universidade de Vigo, os hospitais do Meixoeiro e La Paz ou a asociación empresarial AJE.
O acto será o mércores, 28, de 11:00 a 13:15 horas, e terá un formato semi-presencial, como consecuencia das restricións impostas pola pandemia da COVID-.19. Realizarase desde a sede do centro, no edificio de La Molinera, con participacións online por videconferencia.
Abrirá a xornada o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri.
A continuación intervirán representantes de entidades colaboradoras do centro: Jesús Manuel García, director do Centro Asociado da UNED en Ourense, Lois Babarro, presidente de AJE Ourense, Humberto Michinel, catedrático en Física da Universidade de Vigo, Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñería Informática de Uvigo, Sixto Jansa, director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UNED, Rafael Martinez, catedrático de IA e Director da Escola de Enxeñería Informática da UNED, Madrid, Francisco Gambón, xefe Inmunoloxía do “Hospital do Meixoeiro”, Vigo, Luiz Stark, senior research na Fundación para a Investigación Biomédica no Hospital Universitario La Paz, Madrid, e os técnicos municipais José Manuel Oliver (xefe de servizo de Urbanismo) e Jose María Eguileta, do servizo de Arqueoloxía. Rematará a xornada coa intervención de David Olivieri director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial.
O Centro de Intelixencia Artificial de Ourense ten como finalidade achegarlle beneficios socioeconómicos á cidade de Ourense e á súa contorna mediante a creación dun centro tecnolóxico de excelencia enfocado a aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real.