Arte Rueira en Pontevedra

(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen)

O denominado street art xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos… Este tipo de actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén do complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou como recurso terapéutico.

Non resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou o simple feito do grafismo sucio e feo en determinados  ambientes son actos recoñecibles e del mal gusto. Porén, existe na actualidade unha tendencia ao recoñecemento de certos artistas que coas súas obras transmiten mensaxes contestatarios, de tipo social e ideolóxicos. Outros procuran a mera expresión estética coas paredes como lenzos; o certo é que atendendo á técnica (mosaico, scratchinq, estilo libre…) e ao motivo (abstracto, 3-D-, taqquinq…), podemos atopar unha variada gama de arte rueira que ocupa cada vez maior espazo na linguaxe artística actual. Nomes como os de Bansky, Feckner, Fairey e varios máis son verdadeiros referentes desta tendencia.

  • Foto de Ana Vicente
  • Foto de Angan HM - Wikipedia
  • Foto de Angel HM - Wikipedia
  • Foto Jairo Moreno
  • Foto thepkinu.com
  • Foto Wikipedia

Pontevedra non é allea a arte rueira. E máis, a cidade está considerada como un dos principais núcleos deste tipo de arte en España, xunto a outras localidades como Barcelona, Zaragoza ou Cuenca. En Pontevedra mesmo contamos con coñecidos practicantes desta arte como é o caso do chamado como Crawler, o cal leva máis de vinte e cinco anos deixando testemuño da súa habelencia co aerosol. Hai quen ve no detalle de que a cidade posúa unha Facultade de Belas Artes o motivo da proliferación dos graffitis e demais técnicas.

Durante os últimos anos o Concello sacou cara adiante varias iniciativas nas que tratan de incluír a arte rueira na celebración de eventos. Así, podemos atender a diferentes murais realizados  con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas a Xoán Manuel Pintos ou o máis recente de María Vitoria Moreno, na Avenida Eduardo Pondal, deseñado por Tania Solla e executado por Polo correo do Vento. En 2016 promovéronse mostras de arte rueira dentro dun grupo de actividades contra a desigualdade social. Tamén o pombal do Parque das Palmeiras foi decorado cun mural cíclico titulado “Eterno retorno”, realizado pola empresa Cestola na Cachola en 2017. Así mesmo, nos festivais musicais como o Surfing Lérez facilitáronse espazos para a realización de graffitis con spray. Ademais existen composicións que resultan xa iconas desta arte na cidade como por exemplo a realizada por Lameiro na rúa Almirante Matos e que representa á Santa Compaña ou o Sacauntos de Delio Rodríguez Ces na rúa Don Filiberto, tan influenciado polo Saturno devorando a seus fillos de Goya, e que responden a unha serie de encargos de murais sobre mitos rurais galegos. Non obstante, e ante a proliferación de artistas e empresas, a arte rueira de estilo puro fuxe dos convencionalismos.

  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto

O debate sobre a valoración artística deste tipo de manifestacións transcende a intención destas liñas, que non é outra que a de servir de preámbulo para amosar unhas poucas imaxes con mostras de arte rueira en Pontevedra. Ante un inexistente sistema de catalogación e estudo do fenómeno a idea é a de xuntar a maior cantidade de imaxes posibles, cun valor máis testemuñal que documental, por si de algo poden valer no futuro. Ao respecto non estaría mal a creación dun repositorio ou algo parecido para poder subir as fotografías que algúns fomos xuntando. Indicamos tamén dous enlaces electrónicos onde poder atopar máis fotografías desta arte rueira na nosa cidade.

  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto
  • Foto Mateo Fontán Couto

https://www.minube.com/fotos/rincon/77281

https://elblogdelcrawler.blogspot.com/

Comparte!!!

Relacionados