As páxinas destinadas a enriquecer a historia de Pontevedra festexan a nova publicación do investigador Leoncio Feijoo Lamas. O traballo leva por título: Los gigantes de Pontevedra; tónica habitual é a edición a cargo do autor, cando ben merecería estar subvencionada. Cobrou forma na tan senlleira Imprenta C. Peón, a mesma da que saíra un bando que dicía: Os vellos non deben de namorarse. O autor é un investigador serio, dos que non erran o tiro. A Leoncio Feijoo gústalle enfrontar coa documentación. Vótalle horas de arquivo, traballa con paciencia…
Ver+Categoría: Pontevedra Curiosa
Arte Rueira en Pontevedra
(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) O denominado street art xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos… Este tipo de actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén do complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou como recurso terapéutico. Non resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou o simple feito…
Ver+A ‘Virxe do Hospital’
Fonte: Arquivo persoal (El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) Unha das maiores devocións da Semana Santa de Pontevedra é a Virxe da Misericordia. A historia desta talla fala de movemento, traslados e certa inestabilidade, unida a importantes capítulos históricos sucedidos na cidade. A partir de aquí foron varios os lugares aos que a Misericordia se iría «mudando». Despois de San Francisco, a Igrexa do antigo Hospital de San Xoán de Deus sería o novo fogar da Virxe, nun altar lateral e protexida por un…
Ver+‘La Casa de la Troya’ en Pontevedra
Foto: http://www.lacasadelatroya.com/ (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – A Coruña 1926) destacou pola súa faceta de novelista e xornalista. A súa nai era prima irmá de Rosalía de Castro, el mesmo estudou Dereito en Compostela e sempre foi admirador do país galego. Así pois, dentro da súa produción, Galicia está moi presente. Nesta terra ambientou títulos como Arminda Moscoso ou o conxunto de contos La corredoira y la rúa. Pero a súa novela máis louvada sería a primeira,…
Ver+Personaxes de quiosco
(El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Moitos din que as mellores lembranzas son as da infancia: melosa vivencia onde as preocupacións nin acadaban a categoría de tal. Durante a infancia as lambetadas xogan un papel moi, moi importante; son os pícaros verdadeiros ”gourmets” do doce e o peperete. Ninguén como eles para dar valor a ese mundo único que representa o sitio, tenda ou quiosco onde se venden as prezadas lambonadas e outros artigos da nenez. Nunha ecuación onde conflúan infancia, lambonadas e a…
Ver+O Misterio Musical Dos Xardíns De Casto Sampedro
Fotografía de Jose M.Facorro Búa (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Nos xeitosos xardíns dedicados ao insigne erudito don Casto Sampedro e Folgar prodúcese cada día, ao caer a noitiña, un fenómeno curioso, un tanto enigmático e tamén fermoso. Sitos na pouco lembrada praza de Ourense son xardíns en homenaxe ao pai da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, primeiro director do Museo Provincial e, ao cabo, un dos meirandes investigadores do noso pasado. Moi próxima atópase a casa onde tiña o seu despacho, lugar de…
Ver+O día das Tres Grazas
Imaxe do Nazareno da rúa Tetuán (Imaxe: Xoan Arco da Vella) No caixón das tradicións pontevedresas o día das Tres Grazas ocupa un espazo avalado polo verniz do tempo e a irredutibilidade da fe. Así, cada primeiro venres de marzo poderemos comprobar como, dende cedas horas da mañá, vaise formando unha longa cola para ir visitar ao Nazareno da capeliña da rúa Tetuán. A tradición marca que ese día poderase formular tres peticións diante da venerada imaxe, e polo menos unha poderá cumprirse. En moitas localidades prodúcese este acto que afunde…
Ver+O Milagre das Uvas e do Millo
O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación. Conta a lenda que no…
Ver+O Miliario de Adriano: Sinsabores dunha Pedra Importante
Foto: Sala dos miliarios no Museo de Pontevedra. Imaxe: Faro de Vigo / G. Santos Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. É frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia entre as mansios ou as capitais dos conventus e o nome do emperador que mandouno erguer ou ben reparar. Tamén existen miliarios conmemorativos do emperador de quenda. No Museo Provincial de Pontevedra custódiase unha moi…
Ver+A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra
Un lugar preto da cidade// Foto: fotografaspioneiras Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes natural e paisaxístico dos que podemos desfrutar. Unha marisma de terreo comunal encadrada nas parroquias de Lérez e Campañó, coñecida baixo o nome de Xunqueira da Gándara do Alba, do Vao ou de San Caetano. A devandita marisma a podemos dividir en: marisma alta,…
Ver+A Praza da Leña – Pontevedra
Imaxe: Praza da Leña 1900 Cando un pensa nunha imaxe característica da cidade de Pontevedra, un rosario de postais acoden prestas ao maxín. A “Boa Vila” ofrece unha multitude de lugares impregnados de personalidade, dunha delicada beleza e cun sabor entre pedra e ría. Entre estes recunchos de vida que definen á urbe do Lérez, ocupa un lugar destacado a Praza da Leña. Xorde aparentemente como un recolecto espazo, mais agocha o transito de xeracións e conserva a memoria dunha cidade enteira. Acolle os enredos infantís á vez que ofrecese…
Ver+