Xigantes e Cabezudos

As páxinas destinadas a enriquecer a historia de Pontevedra festexan a nova publicación do investigador Leoncio Feijoo Lamas. O traballo leva por título: Los gigantes de Pontevedra; tónica habitual é a edición a cargo do autor, cando ben merecería estar subvencionada. Cobrou forma na tan senlleira Imprenta C. Peón, a mesma da que saíra un bando que dicía: Os vellos non deben de namorarse. O autor é un investigador serio, dos que non erran o tiro. A Leoncio Feijoo gústalle enfrontar coa documentación. Vótalle horas de arquivo, traballa con paciencia…

Ver+

Unha publicación agardada sobre os exvotos en Galicia

En 1987 o Museo Provincial de Pontevedra organizaba unha mostra xunto co Musseé des Beaux-Arts de Brest sobre exvotos mariñeiros galegos e bretóns, a cal se puido gozar en ambas as cidades, primeiro na francesa a finais do devandito ano, e a comezos de 1988 na cidade do Lérez. Esta mostra foi a raíz da cal xurdiría unha dedicación por catalogar e analizar os exvotos, en todas as súas variantes, no ámbito galego. Xosé Fuentes Alende foi o encargado de realizar labores de pescuda para a exposición, quedando enfeitizado polo…

Ver+

Algo do Fraguas xornalista

(Fonte: MPG /  www.eldiario.es) Habería que falar algo do homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano 2019; refírome, claro está, a Antonio Fraguas Fraguas. Ás diferentes institucións e aos expertos corresponde o labor dos estudos sobre a figura obxecto de tributo. Xa contamos cunha fantástica biografía, obra de Malores Villanueva, publicada por Galaxia e que vén sumarse ao relato da vida do sabio nado en Insuela (Cotobade), aberto en anos anteriores por outros autores como, sobre todo, Clodio González. Tamén existen, como non podía ser doutro xeito, as achegas…

Ver+

Unha exposición na Historia: ‘Entre Dúas Augas. Pontevedra 1930 – 1940’

(Fonte: Páxina de Facebook Arquivo Municipal de Pontevedra Sotelo)  Todo deu comezo coa inauguración da mostra, no Palacio de Exposicións e Congresos, o día trinta de abril. No entanto, a cousa viña dun gran traballo e esforzo previos que, tal vez, fan da exposición “Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940” a máis ambiciosa promovida polo Arquivo Municipal e unha das mellores, nos últimos tempos, sobre a historia da capital pontevedresa. Os principais “culpables” da iniciativa foron nomes coñecidos: Enrique Sotelo Resurrección dirixe o Arquivo Municipal de Pontevedra desde hai anos. Posúe…

Ver+

Castañas Medievais

(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior…

Ver+

Arte Rueira en Pontevedra

(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) O denominado street art xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos… Este tipo de actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén do complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou como recurso terapéutico. Non resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou o simple feito…

Ver+

Concepción Arenal: Unha vida para divulgar

Fonte: www.elespanol.com (El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) O 31 de xaneiro de 1820 nacía na cidade de Ferrol Concepción Arenal Ponte. Pasa a infancia na Coruña; outras localidades como Tudanca,  Armaño ou Potes, todas en Cantabria, terán importancia durante a súa vida; tamén as cidades de Madrid, Gijón e Vigo onde pasa a derradeira etapa ata a súa morte. Atopámonos nos anos seguintes á Guerra da Independencia, nunha España que volve abrazar ao Antigo Réxime, encarnado na figura de Fernando VII. Naquela época…

Ver+

A ‘Virxe do Hospital’

Fonte: Arquivo persoal  (El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen) Unha das maiores devocións da Semana Santa de Pontevedra  é a Virxe da Misericordia. A historia desta talla fala de movemento, traslados e certa inestabilidade, unida a importantes capítulos históricos sucedidos na cidade. A partir de aquí foron varios os lugares aos que a Misericordia se iría «mudando». Despois de San Francisco, a Igrexa do antigo Hospital de San Xoán de Deus sería o novo  fogar da Virxe, nun altar lateral e protexida por un…

Ver+

‘La Casa de la Troya’ en Pontevedra

 Foto: http://www.lacasadelatroya.com/ (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – A Coruña 1926) destacou pola súa faceta de novelista e xornalista. A súa nai era prima irmá de Rosalía de Castro, el mesmo estudou Dereito en Compostela e sempre foi admirador do país galego. Así pois, dentro da súa produción, Galicia está moi presente. Nesta terra ambientou títulos como Arminda Moscoso ou o conxunto de contos La corredoira y la rúa. Pero a súa novela máis louvada sería a primeira,…

Ver+

Personaxes de quiosco

(El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) Moitos din que as mellores lembranzas son as da infancia: melosa vivencia onde as preocupacións nin acadaban a categoría de tal. Durante a infancia as lambetadas xogan un papel moi, moi importante; son os pícaros verdadeiros ”gourmets” do doce e o peperete. Ninguén como eles para dar valor a ese mundo único que representa o sitio, tenda ou quiosco onde se venden as prezadas lambonadas e outros artigos da nenez. Nunha ecuación onde conflúan infancia, lambonadas e a…

Ver+

Nova Monografía e Xornadas sobre o Entroido

Imaxe: https://www.imosver.com/es/libro/antroidos-e-mascaras-na-galiza-rural_0010230307 (El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) O xornal Sermos Galiza edita «De Nós». Monografías con perspectiva galega. A número catro, saída o mes pasado, leva por título Antroidos e mascaras na Galiza rural. Este traballo, a cargo de Alfonso García Santos, supón unha atractiva publicación tanto no formato do libro, como no tocante ao seu contido para achegarnos a unha das celebracións máis variadas e singulares que temos, tinxida de rituais ancestrais. O Entroido galego posúe leis propias. Os seus variados ritos…

Ver+