La actriz Isabel Blanco, galardonada con el XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas”

(El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen)

O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, presidido por José Luis Ferro Iglesias e do que formaron parte, por presencia física ou por delegación de voto, os patróns da Fundación que á marxe se expresa, logo de teren deliberado sobre as propostas internas presentadas e valoradas as súas traxectorias vitais no campo da defensa da cultura galega e de Galicia (tal e como recollen as bases), por unanimidade acordou resolver o que segue:

Concederlle o XXXV Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á actriz Isabel Blanco polo seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión non só en Galicia senón no resto do Estado, contribuíndo así, coa súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais.

Dende a súa emerxencia inicial como presentadora na Televisión Galega a mediados dos anos 90, e a súa eclosión na arte da  interpretación televisiva na recordada serie “Mares Vivas”, acompañando ó tamén Premio “Celanova Casa dos Poetas”, Luís Tosar, Isabel Blanco ten sabido representar dun xeito moi persoal, os principais valores da nosa sociedade como pobo, modesto e humilde, pero consecuentemente preparado para poder andar polo mundo orgullosos de sermos quen somos.

Comparte!!!

Relacionados