Acto cultural literario: “A represión franquista contra os intelectuais galegos”

Por primeira vez, despois de 80 anos, as personalidades literarias de Galicia que foron vítimas da brutal Represión do 36, son homenaxeadas na Terra.

Nesta ocasión nun acto que organizan dúas institucións culturais (a Real Academia Galega e a Fundación Otero Pedrayo) e un Concello, o de Amoeiro, ó que pertence Trasalba, onde don Ramón escribiu páxinas excelsas e chorou, en páxinas inesquecibles, ós amigos represaliados, algúns asasinados : Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Castelao…

O acto desenvolverase seguindo o seguinte programa coordinado pola secretaria da Fundación, Patricia Arias Chachero:
 Palabras de benvida
  • →Víctor F. Freixanes, presidente da Fundación Otero Pedrayo
  • →Rafael Rodríguez Villariño, alcalde de Amoeiro
Disertacións sobre os académicos
  • →X. Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Ramón Otero Pedrayo despoxado da súa cátedra
  • →Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, Castelao: represión e espolio dos seus bens
Falan os familiares Carlos Núñez, sobre o seu pai, o pedagogo e escritor Albino Núñez Domínguez (1901-1974)
Actuación musical
 →O sexteto Tundal interpreta un romance en honra do comandante Moreno, executado na Fonsagrada

 

Guerra Civil e literatura
  • →María Xosé Queizán, O 36, inicio da traxedia familiar
  • →Gregorio Ferreiro Fente, Eduardo Blanco Amor, en defensa e ilustración da Segunda República
  • →Dolores Vilavedra, A narrativa galega e o novo relato sobre a guerra
Recitan poemas “ad hoc”

→Afonso Vázquez-Monxardín, “A Estadea” ou “Pranto polo Seminario de Estudos Galegos” (fragmento)

→Anik Nandi, “Oito versos para Euloxio e Rizal” (en galego e bengalí)

→Luís González Tosar, “Bóveda en Otero”

→Helena Villar Janeiro, “Memorial das vítimas”

→María do Cebreiro, “O que nós sentimos está para alen das árbores”

→Xesús Rábade Paredes, “Luz dos vencidos”

→Carmen Blanco Ramos, Clodomiro Montero e Patricia A. Chachero, len unha triloxía de dous poetas satíricos no exilio porteño en 1940

Publicado 13 Julio, 2016

Comparte!!!

Relacionados