Programación Cineclube Pontevedra para el mes de Abril

SESIÓNS DE CINECLUBE:
SUSANA DE SOUSA E RITA AZEVEDO, DÚAS VOCES IMPRESCINDIBLES DO PANORAMA CINEMATOGRÁFICO CONTEMPORÁNEO


MARTES 2 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

48
Susana de Sousa Dias, 2009, 93 min., VOSE
Lingua: Portugués.


Que revela un retrato fotográfico sobre un aparato policial? Que revela unha foto tomada hai 45 anos sobre un período ditatorial xa clausurado? E sobre a sociedade contemporánea? Como espertan as fotografías os recordos das e dos seus protagonistas? 48 radiografa os corenta e oito anos de ditadura de Salazar (1926-1974), a ditadura europea máis lonxeva do século xx, a través do relato dalgunhas das súas vítimas e das fotografías das súas fichas policiais. Un retrato polifónico da oposición ao ditador que ao tempo describe, con absoluta precisión e humanidade, as técnicas represivas utilizadas. O valor testemuñal da imaxe fotográfica e a capacidade liberadora do relato memorístico en perfecta harmonía.


 

MARTES 9 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

CORRESPONDÊNCIAS
Rita Azevedo Gomes, 2016, 142 min., VOSG
Lingua: Portugués, italiano, inglés, grego, francés, español


Sophia de Mello Breyner Andresen e Jorge de Sena son dous dos escritores portugueses máis importantes do século xx. O exilio de Jorge, perseguido polo salazarismo, iniciarase en Brasil en 1959 e continuará nos Estados Unidos, onde falece en 1978. Nunca ha volver a Portugal. Estas cartas, postas en escena de maneira exemplar por Rita Azevedo Gomes, unen na distancia a Jorge e Sophia, alimentando unha complicidade afectiva e intelectual que manterán até a fin das súas vidas. A súa correspondencia e os seus poemas atravesan corpos, idiomas, países e imaxes nun filme-ensaio no que historia, política, pasado e futuro se mesturan con liberdade e absoluta mestría cinematográfica.


SESIÓNS DE FILMOTECA, EN COLABORACIÓN CO CGAI:
KENJI MIZOGUCHI


MÉRCORES 3 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

O INTENDENTE SANSHO
Kenji Mizoguchi, 1954, 124 min., VOSE
Lingua: Xaponés.


No século XII, a esposa dun gobernador e os seus fillos son afastados deste. Mentres a muller é deportada a unha illa para exercer a prostitución, os fillos son enviados a un campo de escravos onde o temible intendente Sansho goberna con man firme.

O intendente Sansho gañou o León de Prata no Festival de Venecia de 1954.


MÉRCORES 10 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

A RÚA DA VERGONZA
Kenji Mizoguchi, 1956, 85 min., VOSE
Lingua: Xaponés


O País dos Soños, un bordel situado nun barrio de Tokio, atravesa unha difícil situación xa que o Parlamento está a piques de aprobar unha lei que prohibirá o exercicio da prostitución. Baixo a mirada das traballadoras deste bordel saberemos das súas vidas e dos soños e circunstancias que as levaron a comerciar co seu corpo. A rúa da vergoña é o último filme rodado por Kenji Mizoguchi.


XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA: LUSOFONÍA E REVOLUCIÓN.


VENRES 5 | 21:00 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

MULLERES DA RAIA
(Diana Gonçalves, 2009, 42 min.)
*Esta sesión forma parte das actividades do Salón do Libro, é de balde e contará coa presenza da directora.
Lingua: Galego e portugués.


Mulleres da Raia (2009) é unha viaxe á fronteira galega co norte de Portugal que nos transporta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A Raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia en que as mulleres son testemuñas e protagonistas.

Comparte!!!

Relacionados