Bravú y Castelao, propuestas escolares de la Concejalía de Normalización Lingüística. Pontevedra

(El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen)

O rock cantado en galego é o protagonista da exposición Bravú XX que chega á EPA Río Lérez e Castelao está no centro da camiñada que fará maña xoves un grupo de escolares do CEIP Froebel. Son dúas propostas da programación a prol do uso da lingua que promove a Concellería de Normalización Lingüística nos centros educativos.

  • Exposición Bravú XX. Até o 25 de marzo na EPA Río Lérez

A noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana, Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar por todo o país.

Vinte anos despois cómpre lembrar o comezo desta aventura. Unha referencia cultural e unha proposta de traballo colectivo que as persoas máis novas teñen dereito a coñecer. O bravú comezou sendo guitarra e distorsión, mais axiña estendeu o seu berro de vida por outros camiños. Esta exposición recolle ese proxecto de axitación xeral, alicerce dunha tradición, e tamén impulso creativo para os novos tempos.

  • Camiñadas con Castelao – ás 11:30 horas, 36 alumnos e alumnas de 5o de Educación Primaria do CEIP Froebel

Nesta camiñada imos buscar a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra. Despois falaremos da figura do artista na Boa Vila, na que sen dúbida foi a súa etapa máis prolífica e, sobre todo, polifacética. A cidade de Pontevedra, neste roteiro, convértese nun auténtico museo urbano a través do que percorrer a vida de Castelao, que é como dicir a vida urbana na época en que a nosa cidade emitía a luz máis nidia do século XX. Aproveitaremos o paseo para recordar outros fitos da historia da cidade.

Percorrido: comezo na praza de San Xosé cunha parada no edificio onde se situaba o Café Moderno, rúa da Oliva, praza da Ferraría, praza da Verdura, praza da Leña, igrexa de San Bartolomeu, Sexto Edificio do Museo, praza da Pedreira, rúa César Boente, praza de Méndez Núñez, rúa Real, praza das Cinco Rúas, praza do Teucro, Teatro Principal, praza de Santa María.

Comparte!!!

Relacionados