Bases del Concurso para el Diseño del Cartel del Carnaval 2019. Ourense

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da festividade de Entroido, de acordo coas seguintes bases:

  1. TEMÁTICA: Os carteis serán representativos e estarán relacionados coa Festividade do Entroido da cidade de Ourense.
  2. PARTICIPANTES: Poderá concursar toda persoa física ou xurídica.
  3. RECEPCIÓN DAS OBRAS: Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2019”, acompañados dunha declaración responsable segundo o modelo que se anexa a estas bases, e debaixo un pseudónimo ou lema; dentro deste, nun sobre pechado, no que figurará por fóra o mesmo pseudónimo ou lema, os datos de identificación, enderezo e teléfono.

Só se abrirá o sobre da obra que resulte seleccionada. Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non existen dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como renuncian a total declaración por dereitos de imaxe.

O prazo límite para todos os efectos de presentación, será de 25 días naturais que comezarán a contar desde a publicación das bases na páxina web do Concello (www.ourense.gal), e da Concellería de Cultura (www.ourensecultura.com).

  1. DEVOLUCIÓNS DAS OBRAS: Os deseños presentados quedarán en poder do Excmo. Concello de Ourense. Os deseños gañadores serán empregados como imaxe da festividade do Entroido, e os restantes devoltos nun prazo de 30 días seguintes á finalización do concurso.
  2. FORMATO: Os carteis deberán de incluír obrigatoriamente o seguinte texto:

“Ourense, capital do Entroido”

As obras deberán ser estritamente inéditas e orixinais, non debendo ter sido premiadas anteriormente nin atoparse pendentes da resolución do xurado noutros concursos.

As obras serán presentadas en dous tipos de soporte:

– Gravados en alta resolución nun CD (lexible en PC), en formato editable: Adobe Photoshop, Illustrator o Freehand. – Impresos e pegados sobre cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50×70 cm. adoptando forma vertical.

Ademais, terán un espazo libre igual ou superior a 5 centímetros de alto no seu borde inferior para que, con carácter anterior á impresión, a Concellería de Cultura poida incorporar os logotipos e lendas que considere oportunos. Se a execución técnica dos carteis requirise algunha modificación para a súa mellor impresión, a Concellería de Cultura poderá impor esta variación logo da consulta co/ a autor/ a. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama municipal.

O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello para promocionar o programa de actividades desta festa. As adaptacións serán as que indique o Gabinete de Comunicación para que os resultados acaden a mellor eficiencia en cada un dos soportes.

6. PREMIO: O premio do concurso será de 800 € (oitocentos euros) para o traballo gañador, que poderá ser declarado deserto se o xurado así o considerase oportuno.

É imprescindible facilitar a ficha de terceiros no prazo dos 10 días hábiles seguintes á notificación do premio. De non ser así, entenderase que o/ a agraciado/ a renuncia ao premio.

  1. PROPIEDADE DAS OBRAS: Os carteis premiados deberán presentarse en formato electrónico para a súa mellor reprodución e adaptación, e pasarán a ser propiedade municipal con todos os dereitos de libre reprodución e difusión.
  2. XURADO: A decisión do xurado será inapelable. Estará formado polas seguintes persoas:

Presidencia – Directora de Áreas Expositivas do Concello de Ourense (ou a persoa en quen delegue).

Vogais – Un funcionario/a do Servizo de Cultura do Concello de Ourense. – Dúas persoas de recoñecida traxectoria nos eidos do deseño gráfico ou no das artes. – Un/ unha técnico do Gabinete de Prensa do Concello de Ourense.

Secretario/a (sen voto) – Xefa de negociado de cultura ou funcionario que a sustitúa.

O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística.

  1. DECISIÓN DO XURADO: O cartel gañador farase público por comunicado oficial de prensa aos medios de comunicación e na páxina web do Concello www.ourense.gal e da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.
  2. ACEPTACIÓN DAS BASES: As persoas participantes, polo feito de concursar, aceptan todos os puntos contidos nestas bases e as decisións do xurado sen dereito a reclamación.

As persoas participantes autorizan o tratamento de datos persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello de Ourense coa finalidade de estatística. A persoa interesada poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999 mediante correo electrónico cultura@ourense.es ou por correo ordinario á Concellería de Cultura (rúa da Canle 2– 32005 Ourense).

Comparte!!!

Relacionados