(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen)
Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra.
No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé.
‘Daquela lembréi cal fora a primeira referencia que eu tivera sobre Chiloé: “Hay lugares de América donde los emigrantes llegaron a recrear pequeñas Galicias, como Valle Fresco en Venezuela, o en Chile, en la isla de Chiloé”.
Este texto aparecía, no capítulo dedicado á emigración, en Galicia, el bonsái Atlántico, obra de Manuel Rivas.
–¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra
–Perdone usted, estamos en la mía
–¿pero no es esto Ortigueira en Galicia?
–No señor, es Quellon, en Chiloé
Eduardo Blanco Amor . ‘Chiloé a la vista’
No segundo libro ‘Retratos Documentados’ vemos de novo os escintileos dunha Galicia que foi silenciada e represaliada na guerra civil española. Nuns casos victimas directas e noutros como familiares ou cónxuxes, igualmente vítimas, finalmente.
O libro fai un percorrido sobre estas persoas, revela historias e anécdotas …acompañado dos seus rostros nuns fermosos retratos.
“ Homes e mulleres, excepcionais, agora presentes nuns Retratos Documentados que Abalo –still photographer– compuso desde a intelixencia e o compromiso que a súas figuras e rostros lle transmitían. Mais tamén desde os seus silencios, engurras, berros e tantas, tantas cicatrices”
Retratos de:
Teresa Castelao
Xosé Luis Bóveda
Bernardo Souto
Maruxa Fernández
Antón Fraguas
Franciso. F. del Riego
Ramón Esturao
Xaime Illa Couto
Xosé Neira Vilas
Elixio Rodríguez
Anisia Miranda
Eugenio Granell
Borobó
Demetrio Bilbatúa
Avelino Pousa Antelo
Teresa Otero Castelao
Isaac Díaz Pardo
Lois Tobío
Francisco Lores
Mariví Villaverde
¬Máis información de ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’ na editorial Galaxia
¬Máis información sobre “Retratos Documentados”