‘Chiloé. Unha ollada Compartida’ e ‘Retratos documentados’. Fotografía espello de Galicia

Estes dous libros de fotografía de Jose Luís Abalo, tráennos o reflexo de Galicia, fóra e dentro da nosa terra.

No primeiro caso en ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’, prodúcese o fenómeno de sentir a nosa terra e vela reflectida, alén do atlántico, en Chile, en concreto na illa de Chiloé.

 ‘Daquela lembréi cal fora a primeira referencia que eu tivera sobre Chiloé: “Hay lugares de América donde los emigrantes llegaron a recrear pequeñas Galicias, como Valle Fresco en Venezuela, o en Chile, en la isla de Chiloé”.

Este texto aparecía, no capítulo dedicado á emigración, en Galicia, el bonsái Atlántico, obra de Manuel Rivas.

 

–¿Pero cómo hizo usted para navegar diez mil millas en una noche? Estamos en mi tierra

–Perdone usted, estamos en la mía

–¿pero no es esto Ortigueira en Galicia?

–No señor, es Quellon, en Chiloé

Eduardo Blanco Amor . ‘Chiloé a la vista’

 

No segundo libro ‘Retratos Documentados’ vemos de novo os escintileos dunha Galicia que foi silenciada e represaliada na guerra civil española. Nuns casos victimas directas e noutros como familiares ou cónxuxes, igualmente vítimas, finalmente.

O libro fai un percorrido sobre estas persoas, revela historias e anécdotas …acompañado dos seus rostros nuns fermosos retratos.

“ Homes e mulleres, excepcionais, agora presentes nuns Retratos Documentados  que Abalo –still photographer– compuso desde a intelixencia e o compromiso que a súas figuras e rostros lle transmitían. Mais tamén desde os seus silencios, engurras, berros e tantas, tantas cicatrices”

Retratos de:

Teresa Castelao

Xosé Luis Bóveda

Bernardo Souto

Maruxa Fernández

Antón Fraguas

Franciso. F. del Riego

Ramón Esturao

Xaime Illa Couto

Xosé Neira Vilas

Elixio Rodríguez

Anisia Miranda

Eugenio Granell

Borobó

Demetrio Bilbatúa

Avelino Pousa Antelo

Teresa Otero Castelao

Isaac Díaz Pardo

Lois Tobío

Francisco Lores

Mariví Villaverde

¬Máis información de ‘ Chiloé, Unha Ollada Compartida’ na editorial Galaxia

¬Máis información sobre “Retratos Documentados”

 

Comparte!!!

Relacionados