Proxecto de iluminación para as pontes sobre o Lérez con un orzamento de máis de 363.000 euros. Pontevedra

O Concello de Pontevedra acordou imputar o proxecto de iluminación das pontes sobre o Lérez a un convenio coa Deputación provincial, que foi aprobado esta mañá na Xunta de Goberno da institución. O proxecto ten un custe de 363.681,86 euros e incluirá as pontes das Correntes, Tirantes e a pasarela peonil da Illa do Cobo. Esta intervención xa fora adxudicada polo Concello o pasado mes de xullo á empresa Copcisa por 351.554 euros (case 100.000 euros máis que a licitación), que no momento da sinatura do contrato, informou aos técnicos…

Ver+

Quedan tres meses… Mundial Multideporte Pontevedra 2019

Só faltan tres meses para que comece o espectáculo das competicións do Mundial Multideporte 2019 en Pontevedra. Os mellores especialistas de Duatlón, Tríatlon Cros, Acuatlón, Aquabike y Tríatlon Longa Distancia, daranse cita na cidade galega para intentar acadar os títulos anuais de cada modalidade nunha contorna privilexiada. Na web da Federación Española de Triatlón podes atopar toda a información sobre as competicións: https://bit.ly/2SnN6f1 Tamén está dispoñible na web do evento: https:// pontevedra2019.org/itu Os circuítos das diferentes competicións están definidos e presentados con todos os detalles posíbeis de cara aos participantes…

Ver+

Paseo por Pontevedra Cidade

Foto©Porgaliciabaixo / Palmeras de Pontevedra “Penso que si morrese no desterro, os meus osos non se deixarían consumir até que algún anaquiño d-eles chegase a Pontevedra”  “… asisto a transformación d-un día de sol en noite de luar. Alí sinto como en ningures a necesidade cósmica da Patria, e sei que son un anaquiño de eternidade galega. ¡MEU PONTEVEDRA!” A.D. R. Castelao Seguramente calquera galego cando lea estas liñas comprenda perfectamente o sentido de “ser, pertencer…” a un lugar. Pero neste caso falamos e ocupámonos de Pontevedra, capital dás Rías…

Ver+

O Río Lérez

Foto©Porgaliciabaixo O Río Lérez é considerado un dos grandes ríos galegos, atopándose nunha zona cunha elevada pluviosidade. O seu nacemento atópase a novecentos metros de altitude, do mesmo xeito que o seu irmán Umia na parroquia de Aciveiro, no Monte de San Bieito en plena Serra de Candán (Concello de Forcarei). Ten un percorrido duns sesenta quilómetros aproximadamente, transcorrendo as súas augas polos concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade desembocando na cidade de Pontevedra onde se funde co mar formando a ría. (A Unión Europea integrouno con cento corenta e nove hectáreas na Rede Natura 2000).…

Ver+

O Porto de Pontevedra

Foto: Portos de Galicia O porto de Pontevedra, situado no fondo da ría, na desembocadura do río Lérez, presenta unha dársena comercial e pesquera que é utilizada por embarcacións menores, e unha dársena deportiva que se acha magníficamente situada fronte ao casco urbán, no paseo fluvial, cun club náutico que proporciona os servizos correspondentes. Características Principais Prazas de amarre para embarcacións: 145 Entrada marítima Ao tratarse dun porto ubicado no centro da cidade, ás beiras do río Lérez, o seu acceso desde Marín está perfectamente sinalizado seguindo o curso do río,…

Ver+

A Ría de Pontevedra

A Ría de Pontevedra adopta o seu nome da localidade e capital de provincia onde se sitúa, é dicir, Pontevedra. Posúe uns cento corenta e cinco quilómetros cadrados de extensión, o que a fai a terceira máis grande das rías galegas. O Río Lérez que desemboca nela, achega á mesma unha media de 432 hectómetros cúbicos. A temperatura da auga oscila dos 14 graos centígrados a 20 no mes de agosto. Atópase localizada entre outras dúas grandes rías; a de Arousa ao norte e a de Vigo ao sur. Os…

Ver+

Acondicionamento das praias do Lérez, Ponte Sampaio e Praceres de cara ao verán – Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciou hai uns días traballos intensivos de mantemento nos areeiros do municipio para que estean en boas condicións de uso de cara ao período estival. A praia fluvial do Lérez, a de Ponte Sampaio e tamén a de Praceres reciben estes días aos servizos municipais para facer labores de limpeza, achega de area, retirada de algas, reposición ou reparación de mobiliario urbano e de praia… Ademais, nos vindeiros días incorporaranse os socorristas ás praias do Lérez e Ponte Sampaio, que realizarán o control de ambos areeiros…

Ver+

Escalos do Lérez

Escalo (Imaxe: http://www.rios-galegos.com/pe10.htm#Características) No transcurso do río Lérez descubrimos numerosas especies animais conformando un mundo paralelo ao noso. Temos a ra verde; o mexillón de río; as troitas, das cales as migratorias denomínanse reos; as saborosas lampreas; o salmón remontando as augas para a súa reprodución; a cobra de auga de aspecto semellante á velenosa víbora pero coa pupila redonda; o escorpión de auga, etc. Pero sen dúbida o peixe máis abundante de ver no senlleiro río da cidade é o escalo. Tamén coñecido como cacho, cachizo ou xardo o seu…

Ver+

Illa de Covo, Illa das Esculturas

Ulric Rückriem. S/T (Imaxe.: Mateo Fontán Couto, 2012) Sita nunha das zonas máis fermosas de Pontevedra, as sete hectáreas da Illa do Covo amosan unha máxica simbiose entre natureza, arte e paisaxe. Todo conflúe nun poema de sensacións que asaltan ao paseante que se deixa caer por ela co ánimo disposto á reflexión e a experimentar emocións non sempre fáciles de contar. Foi en 1999, dentro do Xacobeo compostelán celebrado ese ano, cando a Illa do Covo –tamén coñecida como Illa da Xunqueira do Lérez ou o Parque da Familia–…

Ver+