Balance do alcalde de Pontevedra acerca do Mundial de Triatlón.

“Foi un éxito de deportivo, de público, de proxección da cidade, económico. Foi un éxito absoluto”, explicou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na valoración que fixo dos mundiais de tríatlon celebrados dende o pasado 27 de abril até o 4 de maio. “Pero o máis importante foi o sentimento de orgullo”, explicaba o alcalde, quen asegurou que a proba se viviu moi intensamente tanto na cidade como en todas as Rías Baixas, e máis aló no Salnés, en Compostela… “Todo isto púidose facer porque temos un modelo…

Ver+

Operativo de tráfico do sábado, 4 de maio. Mundial Triatlón de Pontevedra

Mañá, 4 de maio, celébrase a última proba dos campionatos do mundo de tríatlon coa proba do Tríatlon de longa distancia, que terá unha importante afectación ao tráfico na cidade e tamén no resto do concello, e no concello veciño de Barro. A incidencia será, polo tanto, no ámbito urbano e tamén nas N-550 e na PO-224. Sábado 4 de maio (Tríatlon de longa distancia) mañá e tarde Centro da Cidade: As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas. O percorrido pechase unha hora…

Ver+

Operativo de tráfico do martes, 30 de abril. Mundial Triatlón. Pontevedra

Martes 30 de abril . Tríatlon Cross Áfectará: Á zona do río na fase de natación. A carreira a pé será pola avenida Bos Aires, entre ponte dos Tirantes e ponte das Palabras A proba de bicicleta afectará especialmente ás parroquias de Lérez e Verducido. O paso da Illa do Cobo cara ao Pontillón de Castro obriga ao corte da estrada PO-223 á altura do cruzamento no lugar do Outeiro (Lérez). O corte da PO-223, entre as 12:30 e 19:30 obrigará aos veciños e usuarios da vía (A Piolla, Couso,…

Ver+

Discurso do alcalde na inauguración dos Mundiais de Tríatlon. Pontevedra

Estes días centos de persoas corren e rodan polas rúas e prazas da cidade, convocados polo Mundial ITU Multisport Pontevedra 2019, cinco campionatos do mundo reunidos na nosa cidade aos que damos unha cálida benchegada. Fan o mesmo que adoitan facer cada día centos de cidadáns de Pontevedra entregados aos deportes e á natureza. Cando chegades para correr perto do río ou polo Centro Histórico, xa sodes cidadáns e cidadás de Pontevedra. Esta é a vosa casa estes días e só desexamos que vos sintades aquí moi felices, participando nunha…

Ver+

Sanxenxo participa na #ITUpontevedra19

A feira # ITUpontevedra19 inaugurouse coa presenza dunha caseta de Turismo de Sanxenxo. Esta feira supón o pistoletazo de saída aos actos paralelos á cita mundialista e por ela teñen que pasar os case 4.000 inscritos entre as cinco probas que compoñen o Mundial, e ademais da zona de rexistro e acreditación onde recollen o seu dorsal e material para as competicións poden atopar unha tenda de merchandising e unha variada oferta turística e de actividades. Turismo de Sanxenxo montou alí a súa caseta con diferente material promocional en castelán,…

Ver+

Restricións do tráfico nos Mundiais de Triatlón. Pontevedra

Na semana do 27 de abril ao 4 de maio, Pontevedra acolle un dos eventos deportivos mais importantes de Galiza: os campionatos do mundo de tríatlon. A celebración deste campionato levará implícito importantes restricións de tráfico, non só na cidade, senón tamén na zona norte do municipio, especialmente na N-550 e PO-224 (en Verducido e Xeve). As grandes probas deportivas, pola súa extensión e afección á mobilidade a motor, celebraranse os dous sábados (27 de abril e 4 de maio), co fin de minimizar os efectos que tería nun día…

Ver+

As carreiras do Mundial de Tríatlon cortan parte do centro histórico dous sábados. Pontevedra

Nestes días está distribuíndose información de afeccións ao tráfico motorizado polos lugares do centro urbano nos que decorrerán as distintas carreiras do mundial Multisport que terán lugar a partires do día 27. En concreto, as que afectan a varias rúas do centro histórico, que quedarán inhabilitadas para ir en coche ou moto. Se ben o percorrido das carreiras é distinto no interior do Centro Histórico, as afeccións viarias serán moi semellantes. Só dous días veranse algunhas rúas cortadas: os sábados 27 de abril (mañá e tarde) e 4 de maio…

Ver+

O Mundial de Tríatlon disporá dunha app turística “oficial” cedida ao Concello pola Asociación de Hoteleiros de Pontevedra

As concelleiras de Promoción da Cidade e de Deportes, Anabel Gulías e Anxos Riveiro, reuníronse esta mañá coa Asociación de Hoteleiros de Pontevedra, a petición do colectivo, para falar dunha nova colaboración co Concello co fin de axudar a dar a coñecer a cidade no marco do Mundial de Tríatlon. Puxeron a disposición do Concello, gratuitamente, unha app de información turística propia – Soundwalkrs- que, até agora, era de uso para os seus clientes para que poida ser usada como aplicación “oficial”, como aplicación de referencia, no tríatlon. “O Mundial…

Ver+

Un test universitario permitirá aos triatletas coñecer o seu rendemento antes e despois das competicións . Pontevedra

Os campionatos do mundo de tríatlon de Pontevedra, que se disputarán entre os vindeiros 27 de abril e 4 de maio, ofrecerán aos deportistas a posibilidade de coñecer o seu rendemento neuromuscular antes e despois das súas competicións. Trátase dun estudo impulsado pola facultade de Ciencias do Deporte do Campus de Pontevedra que consiste en realizar un test dous días antes da competición, e comparalo con outro test que se realizará na liña de meta. Os datos, ademais de servir para o estudo comparativo que a universidade realiza a través…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza de 50 voluntarios portugueses . Pontevedra

O Concello de Pontevedra asinou hoxe un convenio de colaboración co Instituto Portugués do Desporto e da Juventude -situado en Porto- para reglar a participación de 50 voluntarios portugueses nos vindeiros mundiais de tríatlon. O convenio foi asinado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro en nome do Comité organizador do 2019 Pontevedra ITU Multisport Triathlon World Championships. O acto celebrouse na Casa do Desporto, en Porto, e comezou cunha xuntanza política e tamén técnica na que participaron Anxos Riveiro os coordinadores do voluntariado dos campionatos, xunto a Vitor Baltazar Dias,…

Ver+

Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza duns 500 voluntarios de 14 países . Pontevedra

O Concello de Pontevedra recibirá arredor de 500 voluntarios deportivos para asistir aos campionatos do mundo de tríatlon que comezarán o vindeiro 27 de abril. Esta mañá o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado dos coordinadores do voluntariado Miguel Balea e Teresa Blanco presentaron a equipación coa que se lles identificará dende inicios dos mundiais. Ademais, a entregaron aos xefes de sector. Os voluntarios asistirán aos cinco sectores deportivos nos que estará dividida a competición: protocolo, apoio á dirección de carreira, loxística e voluntariado, comunicación e prensa, e…

Ver+