O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade. En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol…
Ver+Etiqueta: Atletismo
IX Circuíto Correndo por Ourense
Seis carreiras populares que percorren outros tantos barrios da cidade, para atletas de todas as idades e niveis competitivos. Esta mañá presentouse no salón de plenos do Concello esta novena edición, que comezará no mes de maio, cunha dobre cita: nos barrios do Vinteún (día 5) e do Couto (día 25, proba nocturna). Continuará o 30 de xuño, polo centro da cidade; o 8 de setembro, na zona universitaria; o 29 de setembro, na Ponte; e rematará o domingo 20 de outubro, na Carballeira. Para anotarse só hai que seguir…
Ver+I Carreira Nocturna “Movete por San Salvador”. Poio
O vindeiro sábado 6 de abril temos outra cita deportiva na I Carreira Nocturna “Móvete por San Salvador” . A saída da proba absoluta será ás 18:30 horas e o inicio das probas infantís ás 19:00 horas. Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa da organización de 17:30 a 19:00. +INFO CLICK AQUI
Ver+‘Correndo por Ourense’ abre o prazo de inscricións
O Consello Municipal de Deportes abriu o prazo para inscribirse no circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que acada a súa novena edición cun calendario de seis probas que comezan no mes de maio, coas citas do Vinteún (día 5) e do Couto (día 25). Para anotarse só hai que seguir as instrucións do espazo web [www.deportesourense.com] até o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. Ten un custe de 7€ (para as 6 carreiras) para as categorías sub18, sub23, sénior e máster. Para…
Ver+III Urban Trail Night. Pontevedra
‘Soy libre para correr’, unha carreira para fomentar o deporte inclusivo. Ourense
As rúas da cidade acollerán, o vindeiro 10 de marzo, a carreira popular ‘Soy libre para correr”, un evento para fomentar o deporte inclusivo, escapando dos distintos roles de xénero no deporte, e sobre todo para reivindicar confianza e seguridade no uso dos espazos públicos. A carreira, con saída -ás 11:00 horas- e chegada á Praza Maior, está organizada polo club BOX001 – RunManiak co apoio do Concello de Ourense, Nissan Roferourense e Caixabank. “Somos libres para correr e debemos reivindicar precisamente a nosa liberdade, o noso dereito a correr,…
Ver+Ourense e a Federación Galega de Atletismo analizan a celebración do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta
O Concello de Ourense e a Federación Galega de Atletismo mantiveron unha primeira toma de contacto con motivo do XXV Campeonato de España Máster en Pista Cuberta, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de marzo na pista de Expourense, e no que prevé a participación de entre 1.500 e 1.800 persoas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, mantiveron un encontro co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o vicepresidente primeiro desta entidade, Eladio Gómez e…
Ver+XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. Ourense
A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez e o delegado en Ourense, Ángel Fidalgo, e a interventora de Expourense, Cristina Álvarez, participaron na presentación da proba, que terá lugar na pista cuberta de Expourense, en xornada de mañá e tarde. En xornada…
Ver+