O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores salientou esta que chegar a acordos e a entendementos con outras administracións “é o camiño correcto” nas relacións entre os executivos, e exemplo dese acordo é a inauguración da rehabilitación do edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, que se realizou coa presenza do alcalde e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez. Logo dunha visita polo edificio, o alcalde dixo estar satisfeito polo resultado xa que o inmoble “era un activo da cidade que estaba en situación de…
Ver+Etiqueta: Miguel Anxo Lores (Alcalde de Pontevedra)
Balance do alcalde de Pontevedra acerca do Mundial de Triatlón.
“Foi un éxito de deportivo, de público, de proxección da cidade, económico. Foi un éxito absoluto”, explicou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na valoración que fixo dos mundiais de tríatlon celebrados dende o pasado 27 de abril até o 4 de maio. “Pero o máis importante foi o sentimento de orgullo”, explicaba o alcalde, quen asegurou que a proba se viviu moi intensamente tanto na cidade como en todas as Rías Baixas, e máis aló no Salnés, en Compostela… “Todo isto púidose facer porque temos un modelo…
Ver+O Club “O Mirador” de Monte Porreiro gaña 12 ouros e 1 prata no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas. Pontevedra
“O futuro do deporte é a inclusión”. Con esta guía naceu en Pontevedra un proxecto deportivo inclusivo, pioneiro no mundo e que está a medrar e a colleita os primeiros éxitos. Os atletas do Club de Artes Marciais “O Mirador” de Monte Porreiro veñen de gañar trece medallas -doce ouros e unha prata- no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas que tivo lugar en Córdoba e hoxe foron recibidos no Concello polo alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro. Unha recepción que tiña como obxectivo…
Ver+Discurso do alcalde na inauguración dos Mundiais de Tríatlon. Pontevedra
Estes días centos de persoas corren e rodan polas rúas e prazas da cidade, convocados polo Mundial ITU Multisport Pontevedra 2019, cinco campionatos do mundo reunidos na nosa cidade aos que damos unha cálida benchegada. Fan o mesmo que adoitan facer cada día centos de cidadáns de Pontevedra entregados aos deportes e á natureza. Cando chegades para correr perto do río ou polo Centro Histórico, xa sodes cidadáns e cidadás de Pontevedra. Esta é a vosa casa estes días e só desexamos que vos sintades aquí moi felices, participando nunha…
Ver+Carta do alcalde de Pontevedra á alcaldesa de París
Foto: Wikipedia Anne Hidalgo Madam Le Maire Hôtel de Ville París Pontevedra, 17 de abril de 2019 Querida alcaldesa, Como desde cualquier lugar de este planeta, quiero hacerte llegar desde Pontevedra nuestra más sincera solidaridad con el pueblo de París tras el incendio que sufrió vuestro símbolo arquitectónico más preciado. Ciertamente, también compartimos la satisfacción por que la estructura medieval del edificio siga en pie como demostración de la sabiduría y el buen hacer de maestros y obreros de hace 800 años. Eso, unido a la pericia de los bomberos…
Ver+A vila de Barcelos (Portugal) convida aos pontevedreses á Festa das Cruzes
Foto: Municipio de Barcelos Unha delegación de Barcelos (Portugal), coa vicepresidenta da Cámara municipal, Armandina Soleiro, ao fronte achegouse a Pontevedra para dar a coñecer e convidar aos pontevedreses e pontevedresas á “Festa das Cruzes”, a primeira gran romaría do Minho que terá lugar do 25 de abril ao 3 de maio nesta localidade portuguesa. O evento, que ten a súa orixe no século XVI, mistura hoxe en día cultura, folclore, gastronomía e relixiosidade. Grupos folclóricos fixeron un percorrido polas rúas da cidade amosando “un anaquiño de Barcelos” ao seu…
Ver+Discurso do alcalde de Pontevedra ás vítimas do nazismo
Teatro Principal de Pontevedra 6 de abril do 2019 Familias das persoas que hoxe homenaxeamos Compañeiras e compañeiros de corporación Representantes Institucionais e veciñais Amigas e amigos, moi bo día Estamos aquí para saldar unha débeda adiada durante décadas. Para rematar co esquecemento e traer de novo a Pontevedra, facendo que entren pola porta grande da historia, a sete veciños nosos: Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Julio Cortegoso Rodríguez, Manuel Pérez Taboada e Ramón García Martínez. Sete nomes que merecen estar…
Ver+Pontevedra, protagonista do III Encontro A educación dende o compromiso do territorio no campus de Ourense
Pontevedra foi a protagonista absoluta esta mañá do III Encontro A educación dende o compromiso co territorio, que promove o CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Até o campus desprazouse o alcalde Miguel Fernández Lores quen como poñente principal compartiu, durante dúas horas, reflexións e debate con máis de 300 estudantes, tanto universitarios como de ciclos formativos vencellados á educación e á educación social. Fernández Lores expuxo as características do modelo Pontevedra, coñecido e recoñecido no mundo, por ter sido situado as persoas…
Ver+‘Filosofía e Fronteira’. XXXVI Semana de Filosofía. Pontevedra
O Teatro Principal acollerá, do 22 ao 26 de abril a XXXVI Semana de Filosofía que nesta ocasión estará adicada a: Filosofía e Fronteira. A temática da Semana, e máis a súa programación, foi presentada pola presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, nunha recepción na que tamén estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Carme Fouces e a secretaria da entidade, Montse Trabazo. O alcalde declarouse “orgulloso” da Semana de Filosofía, un evento do que van da man a Aula Castelao co Concello…
Ver+Máis de 300 profesionais no XXXI Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría en Pontevedra
Pontevedra acollerá a finais de xuño -os días 27, 28 e 29- o XXXI Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría, un encontro multidisciplinar que xuntará a máis de 300 profesionais (médicos, fisitoterapeutas, psicoterapeutas, farmacéuticos, traballadores sociais…) galegos, do resto do Estado e chegados de distintos países de América Látina: Arxentina, Chile, Colombia e Paraguai. O seu título: Galiza liderando a lonxevidade europea: oportunidades e retos. Un dato: dúas provincias galegas -Ourense e Lugo- están entre as cinco máis envellecidas da Unión Europea. O alcalde Miguel Fernández Lores recibiu hoxe aos…
Ver+Pontevedra pecha co encontro de ministros e alcaldes a súa presenza na OCDE
Pontevedra participou esta mañá na 7a reunión de Ministros e Alcaldes da OCDE, celebrada no Megaron Athenas International, coa que concluían os encontros a porta pechada do organismo económico internacional no que Pontevedra participou por vez primeira da man do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. O encontro desta mañá estaba organizado pola cidade de Atenas e o Ministerio de Economía de Grecia, e estiveron presentes todos os alcaldes e alcaldesas que onte participaron na 4a reunión de Champions Mayors na capital grega. Nesta mañá os asistentes, especialmente os gobernos, intercambiaron…
Ver+