Arte Rueira en Pontevedra

O denominado street art xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos… Este tipo de actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén do complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou como recurso terapéutico. Non resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou o simple feito do grafismo sucio e feo en determinados  ambientes son actos recoñecibles e…

Ver+

Exposición de pintura de Sebastián Silva. Sanxenxo

Neste mes de maio poderase desfrutar no vestíbulo do Pazo Emilia Pardo Bazán da nova mostra de pinturas de SEBASTIÁN SILVA, veterano alumno do Centro de Arte Municipal, de gran sensibilidade artística que mestura sen reparos inquedanzas e curiosidades varias que dan como resultado imaxes heteroxéneas cargadas de pequenos “misterios visuais”.

Ver+

Un gran mural con 22 nomes de mulleres. O “mapa violeta” de Pontevedra

“22 nomes de muller, unha vintena de actividades, oficios e colectivos (mariscadoras, palilleiras, tendeiras, labregas, peixeiras, etc) cunha mirada de xénero pero tamén de clase… cinco séculos de historia da cidade” definen o gran mural proxectado nun edificio de veciños, situado entre as rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos, preto do parque Amalia Ma Álvarez. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, presentou hoxe a nova proposta do programa municipal “A memoria das mulleres” que traballa dende hai cinco anos para coñecer e recoñecer a historia das mulleres de…

Ver+

Exposición “CRÓNICA DE MAIO. PARIS 1968”. Liceo de Ourense

Inauguración 5 de abril ás 20.30 horas no Liceo de Ourense. Artista:  Jesús  Días Ferrez Esta exposición está composta por 44 obras do autor valdeorrés sobre o acontecido en París, onde el vivía, durante as revoltas de maio de 1968. A exposición permanecerá ata o 30 de abril.  

Ver+

Bueu continúa apostando pola educación como eixe de cambio de cara ao Día das mulleres

A concellaría de igualdade de Bueu, dirixida por Ana Isabel Otero Pastoriza, xa ten lista a programación especial para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, na que ten un papel salientable o alumnado dos centros educativos da vila, tal e como se vén facendo nos últimos anos. De aí que se convocasen dous concursos sobre a temática da igualdade no traballo dirixido aos máis novos e novas, e o próximo xoves ás 11.30 h celebrarase un pleno pola igualdade, no que participarán o alcalde e o alumnado da…

Ver+

Dora “a desbrozadora”, protagonista da campaña gráfica do 8-M. Pontevedra

Unha loitadora e valente Dora “a desbrozadora” e unha fouciña transformada en símbolo feminista son as iconas arredor da que xira a campaña gráfica do 8 de Marzo do Concello de Pontevedra que  foi presentada pola concelleira de Igualdade, Carme Fouces xunto co debuxante Luís Davila, autor do cartaz, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Rosa Campos. Carme Fouces agradeceu a colaboración de Luís Davila a quen definiu como “unha das persoas que ten máis pillado o enfoque feminista desde a perspectiva galega”. “Foi capaz de…

Ver+