A noite de San Xoán… A noite máis máxica

A noite de san Xoán é unha das festas antropolóxicamente máis importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do san Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de san Xoán na Coruña foi declarada festa de interese turístico internacional de España. Porén en todo o territorio é de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos…

Ver+

Pedras De Fecundidade

“Os matrimonios sen fillos e quen quisiesen ter descendencia deberían ir a copular sobre a pedra a noite de San Xoán, levando como ofrenda ás serpes unha cunca de leite” (1*) “Un veciño de Moimenta ouvíralle a súa avoa… que os casados sin fillos deberían ir de noite a Penalba, levando un coartillo de leite sin ferver e muxido de vaca que estivese criando becerro… De resultas de ises choios fálase de varias xentes que naceron despoís de tempadas longas de esterilidade das nais.” (2*) Como xa vos imaxinades, estas…

Ver+