O Mosteiro cun xardín de palmeiras de pedra: Oseira

Foto©Porgaliciabaixo Estámos no municipio de San Cristovo de Cea. Téñense noticias deste mosteiro, polo menos desde 1137, foi un dos mosteiros máis poderosos de Galicia, ampliando o seu radio de influencia e posesións ata chegar a Portugal. É da orde cisterciense e da Igrexa na súa primeira etapa, a máis grande desta orde de toda España. A súa planta está construída en forma de cruz latina e ten certa influencia e reminiscencias da catedral de Santiago de Compostela; os teitos da bóveda de canón apuntado. Como dixemos, foi especialmente poderoso…

Ver+

Os xudeus galegos (segunda parte)

Foto: Tui /Foto©Porgaliciabaixo A realidade é que a Inquisición en Galicia non tivo gran actividade en relación aos xudeus. Rexistráronse unha condena á morte en 1579; o período no dáse unha menor persecución atópase entre os anos 1638 e 1684; nos séculos XVII e XVIII aumentan os procesos antixudizantes, abrindo procesos nas comunidades de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Baiona, Tui, Ribadavia, Verín e Ourense; comunidades que manteñen relación con outras de Bordeus, Amsterdam, Copenhague… Doutra banda puxéronse en práctica os chamados ‘Estatutos de Limpeza’; no cal se decretaba que só os…

Ver+

Visitando a Reserva da Biosfera Área de Allariz

Allariz /Foto©Porgaliciabaixo É unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas. A poboación da Área de Allariz distribúese principalmente en núcleos dispersos. A reserva conta cun total de 32 parroquias que espallan a poboación e, ao mesmo…

Ver+

O Carballiño e O Ribeiro presentaron a campaña “Con Sabor Propio 2019” en Fitur

Foto: Concello do Carballiño O Tenente Alcalde e concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, asistiron en Fitur ao acto de presentación da campaña turística CON SABOR PROPIO 2019 do xeodestino O Carballiño-O Ribeiro. Ao acto tamén asistiron a secretaria de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada de la Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde Leiro, a concelleira de Cultura de Boborás e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. A Festa do Polbo, a Feira do Viño do Ribeiro, a…

Ver+

Os bretones da Galicia: A Diocese de Britonia

Mapa: Wikipedia / Rubén Tarrío A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento. É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes. Certos grupos deberon chegar até…

Ver+

Historia da Festa dos Fachós de Castro Caldelas

foto: wikipedia // loisrua +800.000  A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia , na liña doutros folións con fachas que aínda persisten. Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a…

Ver+

Festa dos Fachós 2019. Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do S. Sebastián, comeza arredor das 19:00h, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia. +Info Concello de Castro Caldelas

Ver+

Roteiro pola Ribeira Sacra (Ourense- Lugo)

Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas: Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala. Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR O ROTEIRO

Ver+

Polas terras da D.O. Monterrei

Monterrei, dominado pola súa cidade-fortaleza, e Verín, terra de entroidos ancestrais, mostrarannos os segredos do viño da máis xove denominación de orixe galega. A beleza e monumentalidade do Val de Monterrei Propoñémosvos chegar a primeira hora da tarde ao Val de Monterrei, na marxe do río Támega. Estamos na zona suroriental da provincia de Ourense, moi preto de Portugal. Tras deixar as maletas no hotel comezaremos esta aventura enoturística explorando as fermosas poboacións do val. A parroquia de Vilaza, no concello de Monterrei, resulta un excelente punto de partida, pola súa proximidade ao enlace…

Ver+

Hotel Monumento Mosteiro De San Clodio – Leiro (Ourense)

Fundado como mosteiro  no 928, adscribiuse á reforma cisterciense no 1225 e foi incorporado á congregación de Castela no 1536. Coa desamortización pasou a ser cuartel militar e en 1891 instalouse unha comunidade benedictina de Samos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1982 e actualmente alberga un hotel de catro estrelas. A variedade de estilos, dende o románico ao barroco, configuran un monumento singular. CATEGORÍA: 4 ESTRELAS Número de habitaciones: 25 habitaciones. UBICACIÓN:San Clodio s/n 32420 Ourense Leiro (Ourense) Teléfono:(0034) 988485601 E Mail: reservas@monasteriodesanclodio.com Páxina Web: http://www.monasteriodesanclodio.com/ Un monasterio cisterciense do século XII maxistralmente…

Ver+