O ciclo ‘Enclave de Cámara’ volve o xoves ao Principal. Ourense

Josep Colom, un dos grandes pianistas do noso tempo, e a prestixiosa clarinetista Ona Cardona serán os protagonistas da vindeira cita do ciclo de música Enclave de Cámara, este xoves 2 de maio no Teatro Principal desde as 20:00 horas, con entradas entre 5 e 8 euros. Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do espectáculo. Interpretarán as sonatas da Op. 120 de Johannes Brahms, obras mestras coas que o compositor alemán culminou a súa traxectoria. Inspiradas polo clarinetista Richard Mühlfield e cun arrecendo…

Ver+

Ciclo de música Enclave de Cámara; Gerhard Quarte. Ourense

6 de febreiro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Ourense “Gerhard Quartet” nace en 2010 influenciado e guiado pola mestría do Cuarteto Casals e desde ben cedo é considerado un dos grupos con máis proxección do país. O nome da formación quere render homenaxe á figura de Robert Gerhard, alumno de Arnold Schoenberg e un dos compositores cataláns máis recoñecidos do século XX. TAQUILLA DO TEATRO:  O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. Dúas horas antes de comezo da función VENTA ON-LINE: https://entradas.ataquilla.com/

Ver+