O Concello de Ourense participa na xuntanza da comisión técnica do proxecto Geoatlantic en Escocia

O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico que participan no proxecto, co lema Promovendo a enerxía xeotermal e xeotérmica.

O proxecto, aposta por fomentar unha cidade sostible, baseada na utilización das enerxías renovables, e moi especialmente dun dos maiores recursos endóxenos cos que conta a cidade de Ourense, a xeotermia -explican desde a Concellería de Promoción Económica- e permitirá crear os alicerces dunha estratexia de sostibilidade urbanística e respecto ao medio ambiente.

Así, explican que no seu marco creará un mapa de recursos de áreas de potencial xeotermal, comezando cun proxecto piloto que se desenvolverá no Centro de innovación municipal La Molinera. Xunto con Ourense tamén realizarán estudios similares as cidades de Tenerife, Gran Canaria en España ou as Illas Azores en Portugal.

O proxecto Geoatlantic,  aposta por promover o uso da enerxía xeotérmica nas comunidades europeas por medio dun conxunto de ferramentas e metodoloxías que permitan crear as condicións necesarias, para favorecer a transición enerxética no Espazo Atlántico a través da posta en marcha de ecosistemas locais favorables, para o impulso dos recursos xeotérmicos locais.

Espazo Atlántico

O obxectivo xeral do programa Espazo Atlántico, cofinanciador do proxecto, é implementar solucións para responder os desafíos rexionais no ámbito da innovación, a eficiencia dos recursos, o Medio Ambiente e os bens culturais, apoiando o desenvolvemento rexional e o crecemento sustentable.

Como parte da Política de Cohesión da Unión Europea, o Programa INTERREG Espazo Atlántico apoia proxectos de cooperación transnacional en 37 rexións Atlánticas de cinco países: Francia, Irlanda, Portugal, España e Reino Unido, contribuíndo aos obxectivos en materia de cohesión económica, social e territorial.

Comparte!!!

Relacionados