O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…
Ver+Etiqueta: Escritores
No 17 de maio os libros galegos saen a rúa. Pontevedra
Dez librarías da cidade instalarán postos nos Soportais da Ferrería o Día das Letras Galegas co fin de visibilizar e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego, unha oferta ampla, variada e de calidade. Os libros galegos saen a rúa é unha iniciativa da Concellería de Festas enmarcada na programación do Maio Mes da Lingua, proxecto liderado pola Concellería de Normalización Lingüística. Na cita participan as seguintes librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva,…
Ver+Presentación Libro ‘Tempa maltreita’ de Alexander Vórtice. Pontevedra
15 de maio ás 20.00 horas na Libraría Paz de Pontevedra Alexander Vórtice presenta o seu novo libro ‘Tempa maltreita’ acompañado dos xornalistas Natalia Puga e Jesús Iglesias. ‘Tempa maltreita’ (Editorial Discursiva) supón unha viaxe de ida e volta ata o máis fondo das emocións propiamente humanas: noites ácedas, corredoiras húmidas, persoas facilmente substituíbles e pensións de mala morte, sempre procurando un lugar onde a esperanza poida reverdecer e brotar entre a negrura que nos outorgan as patadas do destino. +INFO CLICK AQUÍ
Ver+Presentación da Axencia de Lectura de Meiro. Bueu
A Axencia de Lectura de Meiro acolle este martes, 30 de abril, a presentación de ‘A Casa do Paralelo 54’, de Iria Collazo. Ademais, continuando cos actos literarios, o 14 de maio, Daniel Asorey falará dos seus últimos libros.
Ver+Concepción Arenal: Unha vida para divulgar
Fonte: www.elespanol.com O 31 de xaneiro de 1820 nacía na cidade de Ferrol Concepción Arenal Ponte. Pasa a infancia na Coruña; outras localidades como Tudanca, Armaño ou Potes, todas en Cantabria, terán importancia durante a súa vida; tamén as cidades de Madrid, Gijón e Vigo onde pasa a derradeira etapa ata a súa morte. Atopámonos nos anos seguintes á Guerra da Independencia, nunha España que volve abrazar ao Antigo Réxime, encarnado na figura de Fernando VII. Naquela época as ideas liberais comezaban a agromar na sociedade, aínda que de xeito…
Ver+A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro ‘Piratas da liberdade’. Celanova
A Casa dos Poetas acolleu unha nova publicación que xira arredor do episodio histórico do secuestro político do buque Santa María, no que viaxaron cara Venezuela tantos e tantos emigrantes galegos, que tivo lugar no ano 1961 e que contou coa participación principal do celanovés Xosé Velo Mosquera. A publicación titúlase “Piratas da liberdade” e é a traducción dun libro publicado inicialmente en catalán polo xornalista Xavier Montanyà baixo o título “Pirates de la llibertat” e agora editado en galego por Edicións Positivas, editorial dirixida polo berciano Francisco Macías. “Piratas…
Ver+‘La Casa de la Troya’ en Pontevedra
Foto: http://www.lacasadelatroya.com/ Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – A Coruña 1926) destacou pola súa faceta de novelista e xornalista. A súa nai era prima irmá de Rosalía de Castro, el mesmo estudou Dereito en Compostela e sempre foi admirador do país galego. Así pois, dentro da súa produción, Galicia está moi presente. Nesta terra ambientou títulos como Arminda Moscoso ou o conxunto de contos La corredoira y la rúa. Pero a súa novela máis louvada sería a primeira, que escribiu en 1915: La casa de la Troya. Este relato desenvolto…
Ver+Presentación do libro – disco “Na noite, no silencio”. Celanova
A Casa dos Poetas de Celanova acolle o sábado, día 13 de abril de 2019, ás 12.00 horas a presentación do libro-disco “Na noite, no silencio” durante a cal se celebrará tamén un concerto. Publicado por Edicións Fervenza, Juan Manuel Vázquez falaranos deste poemario intimista acompañado de cd con cancións de inspiración medieval creadas e interpretadas polo propio autor. Juan Manuel Vázquez relaciónase con Celanova principalmente a través da súa muller, profesora de música no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, ademais de traer alumnos do centro onde imparte música en…
Ver+Festival Internacional de Poesía de Pontevedra. Chega PontePoética’9
Manuel Vilas, Valter Hugo Mäe, Jan Wagner, Antònia Vicens, Castillo Súarez, Baldo Ramos, Pilar Pallarés, Ismael Ramos e Silvia Penas… un elenco de luxo que fala de calidade, variedade e compromiso coa poesía. Chega o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, PontePoética’9. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a novena edición do festival e fíxoo acompañada de Yolanda Castaño, directora de PontePoética e de Antón Sobral, directivo do Ateneo de Pontevedra, os alma mater dunha cita, cuxa continuidade -estamos no noveno ano- é un fito ao que se…
Ver+Entrega Premio IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares. Bueu
A viguesa María López Correa recibiu este venres o premio do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que gañou co seu relato “As fillas da Manola”, no que conta catro historias de diferentes mulleres emparentadas entre si, unidas pola soidade ante os atrancos das súas vidas, e a través das que se realza a importancia da creación dunha rede de apoio entre as mulleres. No acto, celebrado no salón de plenos da Casa Consistorial, López Correa salientou que o relato naceu coa finalidade de “resaltar a forza e…
Ver+Pontevedra acolle o Parlamento de Escritoras-es que reflexionará sobre Identidade e dereitos civís
‣ Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello ‣ Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal ‣ O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás 19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e…
Ver+