Festa da degustación de Millo de Corvo. Meiro (Bueu)

O lugar bueués de Meiro acolle do 5 ao 7 de abril o XXI Encontro – Degustación do Millo Corvo, unha festa que nace no 1998 coa vocación de recuperar esta variedade de millo negro que se utilizaba no pasado e que se foi perdendo co paso do tempo. Por iso, dende a Asociación Cultural Meiro tomaron a iniciativa e a día de hoxe conseguiron que este encontro gastronómico e cultural sexa un atractivo da terra morracense, como demostra a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. ¬VER…

Ver+