Unha publicación agardada sobre os exvotos en Galicia

En 1987 o Museo Provincial de Pontevedra organizaba unha mostra xunto co Musseé des Beaux-Arts de Brest sobre exvotos mariñeiros galegos e bretóns, a cal se puido gozar en ambas as cidades, primeiro na francesa a finais do devandito ano, e a comezos de 1988 na cidade do Lérez. Esta mostra foi a raíz da cal xurdiría unha dedicación por catalogar e analizar os exvotos, en todas as súas variantes, no ámbito galego. Xosé Fuentes Alende foi o encargado de realizar labores de pescuda para a exposición, quedando enfeitizado polo…

Ver+

Algo do Fraguas xornalista

(Fonte: MPG /  www.eldiario.es) Habería que falar algo do homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano 2019; refírome, claro está, a Antonio Fraguas Fraguas. Ás diferentes institucións e aos expertos corresponde o labor dos estudos sobre a figura obxecto de tributo. Xa contamos cunha fantástica biografía, obra de Malores Villanueva, publicada por Galaxia e que vén sumarse ao relato da vida do sabio nado en Insuela (Cotobade), aberto en anos anteriores por outros autores como, sobre todo, Clodio González. Tamén existen, como non podía ser doutro xeito, as achegas…

Ver+

Castañas Medievais

O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…

Ver+

Celebración do Días das Letras Galegas cos escolares en Ourense

A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”,  de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de…

Ver+

Actividades para festexar as Letras Galegas no Concello de Bueu

O Concello de Bueu (coa colaboración da Comisión de Festas Patronais de Cela, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo) organiza este xoves, 16 de maio, ás 21.30 h “Sons no Eirado”, co que se potenciará a cultura e tradición musical galega. O programa arrancará coa actuación de Blues do País, dúo formado por Bieitta James e Pepe King que unirán as raíces do blues e soul americano coa música galega. Ás 23 h será a quenda da banda Xangai, un grupo no que conflúen nomes…

Ver+

Correlingua: Mañá participarán 1.500 escolares de Pontevedra e comarca. Pontevedra

1.500 escolares de 18 centros de ensino de Pontevedra e comarca participan mañá xoves 16 de maio na Boa Vila na final do Correlingua-2019. Será a última das doce etapas nas que se dividiu este ano. Os 1.500 alumnos e alumnas, con idades que van dos 3 aos 17 anos, son dos seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES de Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín…

Ver+

Reunión de centros educativos co nome de Curros Enríquez en Celanova

Celanova acolle este mércores, 15 de maio, unha nova Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal. Participarán 150 escolares de 5º e 6º de primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e e CEIP Curros Enríquez de Celanova. Mañá (10:00-14:00): Coñecemento dos autores…

Ver+

Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…

Ver+

Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+