Este próximo día 7 de marzo, xoves, comenza no auditorio Manuel María do Carballiño un ciclo sobre Cine e diversidade sexual, DiversXs, composto por tres películas.
O xoves día 7 ás 20:30 horas comenzaremos coa película galega Nove de novembro, dirixida por Lázaro Louzao.
O venres día 8 teremos a película belga Girl, excelente ópera prima de Lukas Dhont, nominada nos premios Goya a Mellor película europea, nos césar a Mellor película estranxeira, Premio do público á mellor película europea no pasado Festival de San Sebastián, nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa….un sinfín de premios e nominacións que abalan a súa calidade.
Os pases serán neste caso os habituais dos venres: 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.
O ciclo o pecharemos o domingo día 10 ás 19:00 horas coa película española Carmen e Lola, de Arancha Echevarría, gañadora de 2 premios Goya.