Lores e Nuñez Feijoo inauguran o edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal. Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores salientou esta que chegar a acordos e a entendementos con outras administracións “é o camiño correcto” nas relacións entre os executivos, e exemplo dese acordo é a inauguración da rehabilitación do edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, que se realizou  coa presenza do alcalde e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez. Logo dunha visita polo edificio, o alcalde dixo estar satisfeito polo resultado xa que o inmoble “era un activo da cidade que estaba en situación de…

Ver+

Danza no Claustro de San Francisco nesta semana. Ourense

O Claustro de San Francisco acolle, o xoves e o venres desta semana, a sétima edición de ‘Danza no Claustro’, unha proposta escénica exclusiva na que artistas internacionais e locais habitarán este espazo gótico, e compartindo os seus coñecementos e experiencia. Organizado por Erick Jiménez e Maruxa Salas (Solodos) e coa colaboración da Concellería de Cultura, os espectáculos serán ás 20:30 horas con acceso aberto e gratuíto. En total, son sete as compañías que participarán no Danza no Claustro 2019. Proveñen de España, Portugal, México e Costa Rica, e entre…

Ver+

Campaña “O que se enchufa, recíclase”. Allariz

Un autobús dos recoñecidos Bolechas e dúas carpas informativas instalaranse, os días 20 e 21 de xuño, na estación de autobuses de Allariz. A iniciativa responde á  campaña “O que se enchufa, recíclase” de concienciación para fomentar a correcta xestión e a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). O xoves e venres instalarase, na estación de autobuses un posto informativo para darnos a coñecer as nosas obrigas e dereitos en relación á xestión e reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos. Ademais o público infantil tamén terá o seu espazo no bus dos BOLECHAS, que colaboran…

Ver+

Festa das Alfombras Florais de Bueu

22 – 23 de xuño A programación inclúe música da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a orquestra Johnny Maquinaria, ademais dos tradicionais actos relixiosos e os tapices florais inspirados na música O Concello de Bueu solicitou o deseño do cartel ao artista local Luís Davila, quen o define como “unha composición tipográfica, de vertente pictórica que lembra o espírito das alfombras” Máis de cincuenta alfombras encherán de cor e arte as rúas da vila de Bueu con motivo da celebración da Festa das Alfombras do Corpus,…

Ver+