Traballos no parque de Pontillón para conservar a súa masa forestal en boas condicións. Pontevedra

A Concellaría de Parques realizará a primeiros de maio unha actuación silvícola no parque forestal do Pontillón do Castro, na parroquia de Verducido, valorada en 7.252,74 euros para manter os espazos de lecer en boas condicións e realizar podas en distintos exemplares do parque. O traballo farase nunha superficie dunhas 4 hectáreas e consistirá, por un lado, na eliminación de matogueira (toxos, silvas, fieitos e outras especies) que invaden a zona de lecer do parque forestal. Farase por medios mecánicos e manuais. Tamén se podarán especies de frondosas e coníferas…

Ver+