Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.// Foto: P.Lameiro O Tio Marcos d’a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega. Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos co pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel…
Ver+Etiqueta: Valentín Lamas Carvajal
El Heraldo Gallego (1874)
Foto: Wikipedia El Heraldo Gallego foi un periódico galego que apareceu en Ourense entre 1874 e 1880. Subtitulado Semanario de Ciencias, Artes y Literatura, o seu primeiro número saíu á rúa o 1 de xaneiro de 1874. Despois cambiou o seu subtítulo a Revista Ilustrada. Edición de interesas generales. Inicialmente tivo unha periodicidade semanal, para pasar en 1876 a bisemanal e un ano despois a quincenal; en 1880 volveu ser bisemanal. Fundado e dirixido por Valentín Lamas Carvajal, nel colaboraron, entre outros, Alfredo Vicenti, Aureliano Pereira, Juan Antonio Saco y…
Ver+