Ourense aproba a cesión temporal dun edificio no centro histórico para instalar o Museo dos Bolechas

O Concello de Ourense aprobou a cesión temporal á Diputación de Ourense dun edificio do centro histórico da cidade (rúa Cervantes, número 23), para a posta en marcha do Museo dos Bolechas. “Este é  un novo paso no proxecto deste Grupo de Goberno por converter esta zona nunha contorna viva e dinámica”, sinalou a concelleira de Recursos Humanos e Persoal, Flora Moure, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local. Flora Moure foi a encargada de informar dos 29 temas tratados esta semana, en substitución do alcalde de…

Ver+