E ao final do camiño atopámonos con Diego Xelmirez en Compostela

Primeiro arcebispo de Santiago.  O seu nacemento no 1068 non se sabe moi ben se foi en Santiago de Compostela ou Catoira – era fillo de Gelmirio, cabaleiro e entón gobernador, ao servizo do bispo Diego Peláez, das Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta localidade – e falecido en Santiago en 1140 . É moi posible que desenvolvese os seus estudos en Francia, en París e crese que tamén en Cluny (Orde de Cluny), do mesmo xeito que na escola catedralicia de Santiago .  Sábese que tivo…

Ver+

O Castelo de Sobroso

Foto: Wikipedia O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado en Vilasobroso (Mondariz) No territorio de Vilasobroso foi onde tivo a orixe o antigo señorío de Sobroso, na actualidade marquesado de Sobroso, dende o 18 de maio de 1625. O lugar que ocupa era terra de sobreiras, que lle deron nome ao castelo e á súa vila. Existiu no seu lugar un castro prerromano. As orixes do castelo remóntanse posiblemente á época da expansión cristiá cara ao sur da Península Ibérica, pero a primeira referencia sobre…

Ver+

Xelmírez e Compostela

Hai un dato que é incuestionable en Compostela, hai un antes e despois, e este prodúcese tras a figura de Diego Xelmírez. Creceu á sombra do bispo Diego de Peláez, quen tamén foi figura importante en Compostela e quen comezou coas obras da basílica románica en 1070, que posteriormente proseguiría o seu discípulo Xelmírez, quen sufraga con parte do seu patrimonio as costosísimas obras da catedral. Isto ao final terminará converténdose máis ben nun investimento, xa que coa construción da catedral asentaranse gremios na localidade e establecerase unha pequena burguesía,…

Ver+

Duas Irmás, Dous Territorios: Galicia – Portugal

O rei Afonso VI tivo dúas fillas. Dona Urraca (lexítima) e Dona Teresa (filla natural). As dúas casaron con dous curmáns, os Condes de Borgoña; Ramón con Dona Urraca e Enrique con Dona Teresa.   Don Ramón gustaba das belas artes e da poesía, e xunto con Urraca foron os vicerreis de Galicia, tendo como vila Calda de Reis (de aí o nome de Reis), e precisamente alí naceu o fillo de ambos Afonso Raimúndez o futuro Afonso VII. Teresa e Enrique gobernaban en Portugal no condado de Guimerans, terras…

Ver+