O Gran Balneario do Carballiño

O Gran Balneario utiliza o máis importante dos tres mananciais de augas mineiro-medicinais con que conta O Carballiño. Está situado na marxe esquerda do río Arenteiro, próximo ao Parque Municipal, pero tamén ao centro da vila. Posúe unha magnífica arboleda con carballos centenarios e haxas, que o converten en lugar ideal para descansar. No centro do recinto atópase o pavillón de agüistas que alberga o manancial de auga medicinal. Brota a unha temperatura de 26º e está especialmente indicada para as afeccións hepáticas, intestinais e otorrinolaringolóxicas. Ao seu lado atópase a casa de…

Ver+