Encontro das persoas que fixeron posible a mostra ‘Poesía Visual’. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu un encontro entre varios dos participantes do obradoiro de poesía visual impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro na Casa dos Poetas e representantes da Fundación Curros Enríquez.

O resultados son 20 composicións que se complementaron con textos dos poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro e que ainda se poden ver ata finais do  mes de maio na sede da Fundación Curros Enríquez de martes a sábado de 10:30-14:00 e de 16:00-18:00 situada na rúa Curros Enríquez número 37.

Tras este encontro buscaranse espazos e salas ós que trasladar esta mostra tanto para promover a obra dos poetas da vila como para dar a coñecer esta técnica artística moi presente por exemplo na publicidade.

Comparte!!!

Relacionados