Gala de entrega dos Premios Ben Veñas Maio. Pontevedra

Mañá xoves 9 de maio coñeceranse aos gañadores/as dos certames Ben Veñas Maio! deste ano das distintas categorías: videoclip musical, fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía e curtametraxes. Será na gala de entrega dos premios cando se desvelen os nomes dos galardoados. A gala terá lugar no Teatro Principal, ás 20.30 horas e contará coa actuación musical de “Limbo”, do IES A Xunqueira. A entrada é libre. Ben veñas, Maio! é un proxecto que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra…

Ver+

Homenaxe ás vítimas pontevedresas do nazismo

“Un acto indispensable de memoria, de xustiza simbólica, de reparación simbólica”. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará presentou hoxe o acto de homenaxe aos pontevedreses vítimas do nazismo que terá lugar nas Ruínas de San Domingos, o vindeiro sábado 6 de abril, ás 12.30 horas. NOTA: POLA PREVISIÓN DE MAL TEMPO TRASLÁDASE O ACTO AO TEATRO PRINCIPAL Manuel Coto Martínez, Urbano Sanmartín Abilleira, Antonio Gómez Torres, Claudio Tizón Vázquez, Macario Cortegoso Rodríguez (Julio) e Manuel Pérez Taboada son os nomes dos seis veciños do Concello de Pontevedra que, segundo…

Ver+

Programación Cineclube Pontevedra para o mes de Abril

SESIÓNS DE CINECLUBE: SUSANA DE SOUSA E RITA AZEVEDO, DÚAS VOCES IMPRESCINDIBLES DO PANORAMA CINEMATOGRÁFICO CONTEMPORÁNEO MARTES 2 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA 48 Susana de Sousa Dias, 2009, 93 min., VOSE Lingua: Portugués. Que revela un retrato fotográfico sobre un aparato policial? Que revela unha foto tomada hai 45 anos sobre un período ditatorial xa clausurado? E sobre a sociedade contemporánea? Como espertan as fotografías os recordos das e dos seus protagonistas? 48 radiografa os corenta e oito anos de ditadura de Salazar (1926-1974), a ditadura europea máis lonxeva do século…

Ver+

‘Filosofía e Fronteira’. XXXVI Semana de Filosofía. Pontevedra

O Teatro Principal acollerá, do 22 ao 26 de abril a XXXVI Semana de Filosofía que nesta ocasión estará adicada a: Filosofía e Fronteira. A temática da Semana, e máis a súa programación, foi presentada pola presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, nunha recepción na que tamén estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Carme Fouces e a secretaria da entidade, Montse Trabazo. O alcalde declarouse “orgulloso” da Semana de Filosofía, un evento do que van da man a Aula Castelao co Concello…

Ver+

Concertos Ciclo de Butaca. Banda de Música de Pontevedra

O Teatro Principal abre de novo as portas para acoller os concertos Ciclo de Butaca (2o parte-primavera) da Banda de Música de Pontevedra (BM). Seis concertos que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, ao carón do director da BMP, Rafael Agulló Albors, quixo hoxe subliñar os vimbios dunha programación que acadou xa a categoría de “clásico” na cidade: variedade e calidade dos espectáculos presentados e profesionalidade dos músicos que integran a Banda e dos seus convidados. Directores convidados como o belga…

Ver+

Pontevedra acolle o Parlamento de Escritoras-es que reflexionará sobre Identidade e dereitos civís

‣ Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario  artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello ‣ Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo  de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal ‣ O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás  19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e…

Ver+

Programación Marzo Cineclube Pontevedra

MARTES 12 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA O LIBRO DE IMAXES Jean-Luc Godard, 2018, 90 min., VOSG Idioma orixinal: Francés, inglés, árabe, italiano, alemán Filme subtitulado ao galego por Numax Coop. grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística Nada agás silencio. Nada agás unha canción revolucionaria. Unha historia en cinco capítulos, como os cinco dedos dunha man. O libro de imaxes é o último traballo de Jean-Luc Godard e foi merecedor da Palma de Ouro Especial en Cannes 2018. É ao tempo unha reflexión nostálxica e literaria, máis filosófica ca…

Ver+

Programa ‘As Mulleres que opinan son perigosas’ no Principal. Pontevedra

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores presentou a segunda edición do programa ‘As mulleres que opinan son perigosas’. Fíxoo acompañado da Presidenta da Deputación, Carmela Silva e as creadoras e coordinadoras do proxecto, as xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela. Tal e como comentou o Alcalde, o primeiro encontro, celebrado o ano pasado, “deixou pouso e nesta edición pasamos a consolidar un proxecto pioneiro na loita feminista e a súa visibilización”. Unha loita que respalda pero considera, “debe ser encabezada por mulleres”. Lores destacou o feito de…

Ver+

Martirio e Mónica de Nut abren no Principal o programa do 8-M . Pontevedra

A concelleira de Igualdade e Cultura, Carme Fouces, presentou o que será o segundo concerto do ciclo ‘Contrariadas’ e avanzou parte das actividades do Concello de Pontevedra para o próximo mes: “Marzo é un mes moi activo a nivel social e dende o Concello acompañamos este fervedoiro de actividades feministas coa nosa programación”. Protagonizado desta volta por Martirio e Mónica de Nut, mantén a súa liña de achegar mulleres artistas cargadas de estilo e personalidade. “Pertencentes a épocas diferentes, pero ámbalas dúas cunha forza vocal e interpretativa indescriptibles, representan á…

Ver+

Reseteando dende a educación. Pontevedra

7 de febreiro de 10 a 10,30 horas no Teatro Principal Conferencia de Amelia Tiganus, Towanda Rebels e a Asociación XTodas, organizada por NeoFem LuisSeaone, coa colaboración do CIM de Pontevedra e o IES LuisSeoane. Entrada de balde ate completar aforo +INFO CLICK AQUÍ

Ver+