‘Filosofía e Fronteira’. XXXVI Semana de Filosofía. Pontevedra

O Teatro Principal acollerá, do 22 ao 26 de abril a XXXVI Semana de Filosofía que nesta ocasión estará adicada a: Filosofía e Fronteira. A temática da Semana, e máis a súa programación, foi presentada pola presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, nunha recepción na que tamén estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Carme Fouces e a secretaria da entidade, Montse Trabazo.

O alcalde declarouse “orgulloso” da Semana de Filosofía, un evento do que van da man a Aula Castelao co Concello e que fai de Pontevedra cada ano “un referente internacional do pensamento critico” e asociado a temáticas de actualidade.

Ana Regueira, pola súa banda, sinalou a oportunidade da temática elixida xa que vivimos unha serie de situacións e problemas aos que hai que enfrontarse e que teñen que ver co tema da fronteira. “Como vemos a fronteira, en función de que; ten mala prensa se é a fronteira dos capitais pero boa se falamos de persoas; que define unha fronteira, que identifica…” son cuestións que estarán enriba de mesa durante a Semana de Filosofía.

O programa da Semana farase público nos próximos días porén hoxe adiantaron o nome de dous dos seus 15 poñentes: Buenaventura de Sousa Santos e Ángeles Ramírez.

Buenaventura de Sousa Santos, sociólogo e profesor xubilado da Universidade de Coimbra e veterano activista antiglobalización, quen porá o foco nas fronteiras de Europa e na análise das ausencias.

Ángeles Ramírez, antropóloga social, arabista e profesora da Universidade Autónoma de Madrid. É unha referente no estudo da emigracións chegadas dos países árabes, centrado sobre todo nas mulleres e crianzas.

+INFO CLICL AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados