Naceu en Pontevedra o 10 de decembro de 1871, e morreu na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940.
Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor.
Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario.
Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.
Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o padre Sarmiento) e cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura e despois fundou Galicia Moderna. Dirixiu El Perdigón en Palencia e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada (da que só apareceu o número 0) e Mi Tierra en Ourense. Colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.
Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda. Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.
Fonte: Wikipedia