O Palacete das Mendoza en Pontevedra : A casa de “Los gozos y las sombras”

Este edificio emblemático, situado na zona vella de Pontevedra, alberga actualmente a sede de Turismo Rías Baixas. É un centro de atención e información ó turista, no que se desenvolven periodicamente numerosos actos de benvida, roldas de prensa e presentacións relacionadas con este sector. Antes da súa construción levantábase no lugar o castelo medieval dos arcebispos de Santiago (ou dos Churruchaos). Tras o asalto inglés, que tivo lugar en 1719, polo intento español de axudar a Bretaña, unicamente se conservaban dúas torres parcialmente danadas que se alzaban por riba da…

Ver+