Dous novos cursos de informática de Memoria en rede no Centro Sur e no Teleclub de Santo André de Xeve. Pontevedra

‣ Comezan o 13 de marzo mais quedan prazas e as persoas  interesados poden inscribirse no 3a andar do Concello ou no teléfono 986.804300 Ext. 7107 até mañá

‣ Teñen unha duración de 8 semanas e van dirixidos a persoas que queren aprender a usar o ordenador

O Teleclub de Santo André de Xeve e o Centro Sur acollen a partir do vindeiro mércores 13 de marzo dous novos cursos “Aprende a usar o ordenador” do programa municipal Memoria en rede. Aínda quedan prazas polo que as persoas interesadas en participar poden inscribirse até mañá no 3o andar do Concello de Pontevedra (Michelena 30) ou ben chamando ao 986.804300, extensión 7101.

Os cursos (nivel iniciación) teñen unha duración de oito semanas

Centro Sur. Luns e mércores, de 16.00 a 18.00 horas

Teleclub de Santo André de Xeve. Luns e mércores, de 18.45 a 20.45 horas

Nestes cursos de iniciación, as persoas que participen aprender a escribir e falar cos que están lonxe; a gardar e ensinar os seus recordos e poden participar no blog memoriaenrede.pontevedra.gal

Memoria en rede é un programa da Concellería de Novas Tecnoloxías que naceu coa idea de conectar dous mundos que, en principio, non teñen nada que ver. Por unha banda o futuro e o presente no que estamos, coas novas tecnoloxías como eixo central e fio condutor e, por outra, a recuperación do que poderíamos chamar, entre comiñas, memoria. Memoria en sentido amplo: historias, lendas, vivencias, vidas…

Comparte!!!

Relacionados