Memorial Miguel Ángel González. Vilagarcía de Arousa

Coa primeira fin de semana do período de Semana Santa chega a Vilagarcía o primeiro evento deportivo habitual nestas datas. Trátase do XVI Memorial Miguel Ángel González Estévez de baloncesto organizado polo CLB en colaboración coa Fundación Municipal de Deportes. Vinte e dous equipos infantís femininos e masculinos de Galicia, Valladolid e Portugal competirán no torneo que arrancoú onte 12 de abril, ás 16:30 horas e que se desenvolverá ata o domingo ás 14.30 horas nas instalacións de Fexdega. A novidade deste ano é a incorporación do Breogán masculino. Vilagarcía…

Ver+

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio

Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa. Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e…

Ver+

Chega o Entroido a Vilagarcía e tamén a Carril e Vilaxoán

A visita anual de Don Carnal está a piques de comezar, e para recibilo, Concello e colectivos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril organizaron unha completa programación de actos festivos. Disfraces, comparsas, bailes e Enterros da Sardiña tomarán as rúas das tres localidades para celebrar a festa máis alegre e transgresora do ano. Os actos desenvolveranse entre o sábado de Entroido, 2 de marzo, e o domingo de Piñata, o 10 de marzo. A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía organiza os eventos centrais e máis multitudinarios. O primeiro, o…

Ver+

7 razóns para non perder as Rías Baixas: Festivais e turismo

Sempre existen máis razóns ca as musicais para acudir aos festivais. As actividades de lecer paralelas aos concertos constitúen unha oferta variada e alternativa para gozar do conxunto das Rías Baixas en todas as súas dimensións. Unha maneira de facer turismo de paisaxes, gastronomía e cultura que te sorprenderá. 1. As Praias Un dos grandes atractivos das Rías Baixas son as praias de area branca e fina coas súas tranquilas augas. É o caso de Praia América en Nigrán, un dos areais urbanos máis visitados, ou os areais de Vigo; tamén as calas accesibles por sendeiros do Parque…

Ver+

Vilagarcía: A Perla de Arousa

Foto: Wikipedia / Pavlemadrid Vilagarcía, capital da Ría de Arousa e porto natural de Santiago de Compostela, conta cunha poboación de case 35.000 habitantes, o que a converte na oitava cidade de Galicia. Polas súas características xeográficas, é un foco de atracción para moitas persoas, que escollen esta cidade para fixa-la súa residencia, xa sexa primeira, segunda ou de vacacións. E isto non é casual. Poucas cidades poden ofrecer unha situación e un clima como o que goza Vilagarcía, á beira do mar e sen temperaturas estremas, e, ademais, porto de interese xeral,…

Ver+

A Ría de Arousa

A Ría de Arousa é a máis extensa das rías galegas cunha lonxitude de trinta e tres quilómetros, unha anchura de 4,5 quilómetros no seu embocadura sur (Illa de Sálvora – O Grove) e 3,5 na norte (Illa de Sálvora – Aguiño en Ribeira). Ten unha profundidade máxima de sesenta e nove metros. Rodéana montañas e nas súas augas hai diversas illas, illotes e arrecifes ou roquedales. Entre as illas están a Illa deArousa, A Toxa, Sálvora e Cortegada. As principais poboacións de norte a sur son: Ribeira, Poboa de Caramiñal, Boiro, Rianxo, Catoira, Carril,…

Ver+

A praia da Concha-Compostela – Vilagarcía de Arousa

Foto: Praia de Compostela // Autor: De Luis Miguel Bugallo Sánchez- Wikipedia Vilagarcía, situada ó fondo da ría de Arousa, pode presumir de ter unhas praias de augas tranquilas e non demasiado frías, para o que é habitual nas rías galegas. O principal areal do municipio, distinguido ano tras ano coa Bandeira Azul da UE, é o da Concha-Compostela. Durante os meses de verán acoden diariamente a este areal non só veciños do municipio, senón xentes doutros concellos do interior, atraídas polas seus óptimos servicios e as boas comunicacións. De feito,…

Ver+

A Illa de Cortegada

Foto©Porgaliciabaixo// Vista Illa de Cortegada desde Carril A Illa de Cortegada é quizá unha das máis descoñecidas do grupo que integran o Parque Nacional e Natural das Illas Atlánticas, dándose ademais a circunstancia de ser seguramente a que se atopa máis próxima á costa, xa que só a separan cento noventa metros de Santiago de Carril (Vilagarcía de Arousa). Cento noventa metros empregados na súa maioría á cría da famosa ameixa de Carril; é o chamado “Canle dos Viveiros”, cento noventa metros que fan franqueable a illa coa marea baixa.…

Ver+

A Illa de Arousa

Foto©Porgaliciabaixo Ten unha curiosidade a Illa de Arousa fronte a outras illas de Galicia, e é que por ela mesma é municipio. Atópase como moitas das súas irmás na provincia de Pontevedra. Está do mesmo xeito que A Toxa unida por unha ponte duns dous quilómetros de longo relativamente novo (de 1985); esta ponte revolucionou en parte a vida da illa en canto a comunicacións e turismo refírese, xa que antes só se podía acceder a ela en barco. Foi declarada Reserva Natural pola Unión Europea polas súas trinta e seis quilómetros…

Ver+

Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

Non é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador…

Ver+