Fin de semana de Regata en Bueu. X Bandeira de Bateis

O peirao de Bueu dará a saída este sábado, a partir das 16 horas, á X Bandeira Concello de Bueu de Bateis, organizada polo Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu- Teccarsa.   Esta actividade, que xa vén sendo unha proba clásica no calendario de regatas de Bateis da Zona Sur, terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías. Así o destacaron na rolda de prensa celebrada esta xoves Félix…

Ver+

Bueu celebra este domingo o IV Memorial de Traiñeiras Pepe O Ruso

Tras o éxito das tres primeiras edicións, o Club do Mar de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu, organiza este domingo, 20 de xaneiro, o IV Memorial Pepe o Ruso, unha regata a contrarreloxo na que participarán un total de 27 embarcacións. Así o apuntaron os membros da directiva do club, Rosa María Carballo e Javier Pazos, na rolda de prensa que se celebrou este mediodía no salón de plenos do Concello de Bueu, e na que tamén estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e o concelleiro de deportes,…

Ver+