Programa Entroido Verín 2019

Dende o 21 de Febreiro ao 10 de Marzo, as rúas e prazas de Verín acollen a celebración do Entroido 2019, unha das celebracións máis ancestrais e participativas de Galicia, que foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2009.

PROGRAMA OFICIAL

XOVES DE COMPADRES (21 de febreiro)

Os “compadres”, dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os “compadres” percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, a rúas Montemaior (saída), Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebrarán o xuízo e a queima do Maragato.

A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conducirá aos compadres polas céntricas rúas de Verín. Tras a queima, a festa rematará na Praza Maior con Discomóbil Enjoy.

DOMINGO DE CORREDOIRO (24 de febreiro)

A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os/as fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns. Ás 13:30h na Praza Maior terá lugar o Pregón.

 As charangas Támega e Vakapinta, a Discomobil Gramola e a Orquestra Trebol marcarán o ritmo durante toda a xornada.

XOVES DE COMADRES (28 de febreiro)

Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; CEIPs Vilariño de Conso, Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas dá Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e o IES García Barbón percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Prazas Maior e Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, A Chicoria, Terra de Trives e Alambique

E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas TámegaVakapinta, Mil9, Europa e Terra de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre a 00:30, partirá a procesión.

A partir das 00:00 na Praza Maior estarán animando xa as Discomóbiles Enjoy e Gramola. En San Lázaro, a Raíña recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará na Praza Maior coa Orquestra Marbella.

VENRES DE COMPADREO (1 de marzo)

Pola mañá, a charanga Támega percorrerá as rúas de Verín. Pola tarde, A celebración comezará ás 19:00 horas no barrio de San Lázaro, desde onde sairán dous carros cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto. En todo momento a música acompañará aos carros a cargo dos Festicultores Troupe e da Discomóbil Space.

Xa a medianoite, a festa continuará na Praza maior a cargo da Grupo Claxxon.

SÁBADO DE ENTROIDO (2 de marzo)

Pola mañá, as Charangas Vakapinta e Támega percorrerán as rúas. Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, contaremos cun divertido circuíto no que as Charangas. Fuego (19:00 horas)Támega (20:00 horas) levarán a música e a festa polas rúas Montemaior (saída), Lisa, Cruz, Praza Edesio Fuentes, Praza da Mercé, e regresarán a rúa Montemaior.

Ás 17:00 horas, o protagonismo será para o “Bautizo do Cigarrón”, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos por primeira vez, na Praza da Mercé.

Ás 18:00 horas, a Praza da Mercé acollerá un divertido baile de capuchóns e mascaritas, amenizado pola Discomóbil Son de la Nuit.

A festa continuará, a partir pola tarde/noite na Praza Maior coas Orquestras De Moda e Miramar. 

DOMINGO DE ENTROIDO (3 de marzo)

Chegamos o día grande do entroido en Verín. A a partir das doce, cigarróns, comparsas e carrozas , percorren o centro da vila no gran desfile matinal ofrecendo os asistentes un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongara ate a hora de xantar.

Durante toda a xornada, as charangas TámegaVakapintaNova Terra de Terra de Trives Fuego encherán as rúas da vila coa súa música, pola tarde/noite as orquestras Principal e o Ritmo Joven amenizarán a Praza Maior ata ben entrada a madrugada.

LUNS E ENTROIDO (4 de marzo)

Pola maña, animación musical a cargo da charanga Támega. A partir de las 16:30 horas, entroido infantil con obradoiros, xogos e karaoke no Pavillón Municipal de Deportes. A tarde estará amenizada pola música da charanga Támega que percorrerá a vila entre mascaras e disfraces. Non nos esquecemos dos nosos maiores, no Centro da Terceira Idade da Alameda, haberá un divertido baile de entroido coa Charanga Támega.

Pola tarde, a música comeza da man das Orquestras Aramio e Nevada na Praza Maior, onde os asistentes disfrutarán coa degustación de dous dos nosos tradicicionais productos gastronómicos típicos do Entroido: empanada e bica. A festa continuará na Praza Maior cunha gran verbena amenizada coa actuación das mesmas orquestras, a partir das 00:00 horas.

MARTES DE ENTROIDO (5 de marzo)

Chegamos a recta final. último día da gran troula popular. Pola maña, animación musical a cargo das charangas Támega e Mil9. A partir das 16:30 da tarde, o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor, acompañadas de acordes musicais das charangas TámegaTerra de Trives, Mil9 e Fuego. Como non podería ser de outra maneira, a festa seguirá na Praza Maior coas orquestras La Oca Garibaldi.

DOMINGO DE PIÑATA (10 de marzo)

Como epílogo das festas, o Domingo de Piñata pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles amenizada por unha discomóbil.

Farase entrega tamen dos tradicionais premios ”Cigarrón de honra” “Pescadilla” e “Fidelidade.”

Fonte: Concello de Verín

Comparte!!!

Relacionados