A orixe deste papagaio non se sabe moi ben de certo de onde vén; hai unha teoría que conta que quizá procede do director da banda de música Martín Fayes do Rexemento de Infantería que se atopaba entón en Gullarei (Tui), e que era ademais moi amigo do boticario Don Perfecto Feijoo, dono de Ravachol. Segundo sostén Filgueira Valverde, é moi posible que sexa descendente dos papagaios que viñan nun barco de América en 1702 e que naufragou na zona da Ponte de Rande e que saíron voando colonizando os…
Ver+