Capela da Carballeira de San Xusto – Cotobade (Pontevedra)

A pequena ermida conserva o presbiterio cuberto, do século XV/XVI, con bóveda de nervaduras. Remata en cúpula central dun só van.

Ten un pequeño adro pechado por muro baixo que quizais fora en orixe ao que se lle engadiu recentemente un crecemento en altura transformándose nun pórtico de acceso sobre columnas con tellado a tres augas.

Neste soportal ábrese o acceso principal, porta alintelada enmarcada por pilastras caixeadas que rematan en liña de imposta, e dous pequenos vaos enreixados sobre os que se sitúa o lintel con inscrición de ampla lectura con data de referencia de 1772.

Todo este conxunto de pezas está enmarcado por un arco estrutural que lle dá protección. Tamén acceso lateral de menor escala con inscrición no lintel con data de 1820. Tanto a cuberta coma o soportal de acceso foron reconstruídos en formigón armado deixando á vista as viguetas e entrepanos de alixeiramento.

A nave é do século XVIII. Sobre a porta principal hai unha pedra coa seguinte inscrición:

San Justo y San Pastor. Feliz recordación a todos los fieles devotos que quieran aprovecharse de los grandes privilegios que están concedidos a este santuario por el pontífice Clemente obispo el año de 1712. Tienen indulgencia plenaria i remisión de todos sus pecados confesando i comulgando el día 6 de agosto en la última dominic del mismo más los días de la Asunción de Nuestra Señora el día 8 de septiembre más dos del año según la bula que está en este santuario también tiene el privilegio para poner ester señor manifiesto el día 6 de agosto todos los años.

Sobre unha porta no lateral sur hai outra pedra coa seguinte inscrición:

Esta puerta tragaluz y más reparos se hicieron con una buena lismosna que dio Don Joaquín Antonio Torrado y su muger Doña María Francisca Feyxo vecinos de Fefinans. Año de 1820

Copla Popular:

Carballeira de San Xusto,
carballeira derramada,
naquela carballeiriña
perdín a miña navalla.
Carballeira do San Xusto,
carballeiriña famosa
naquela carballeiriña
perdín eu a miña rosa.
A Carballeira do San Xusto,
ten ó lado unha xesteira
onde hei de botar a noite
cunha mociña solteira.
San Xusto e San Pastor
andan polos cotos
para dar gracias ós forasteiros
e curar ós coxos.
O castaño do San Xusto
ten a folla revirada,
que lla revirou o vento
nunha noite de xiada.
Carballeira de San Xusto
moitos arrodeos ten,
se non fora polos Santos
alá non iba ninguén.
Carballeira do San Xusto,
Carballeira do San Xusto;
naquela carballeiriña
hei de beillar ó meu gusto.
Comparte!!!

Relacionados