A Illa de San Simón

A Illa de San Simón está moi próxima á costa, tanto que case se pode ir andando a ela cando a marea está baixa. Está situada fronte a Arcade, no Municipio de Redondela, na ensenada que leva o seu nome; A Ensenada de San Simón, na parte interna da Ría de Vigo. En realidade son dúas illas, a grande é San Simón e a pequena é a de San Antonio.

Posúe unha historia un tanto peculiar, foi un antigo centro de templarios, franciscanos e benedictinos ata 1830. Sufriu toda esta zona saqueos de diferentes flotas, posteriormente foi hospital lazareto, isto é leprosería, pero non só no sentido de tratar a enfermos de lepra, en realidade a súa función era a de regular as corentenas dos pasaxeiros daqueles barcos que se sospeitaba que traían algún tipo enfermidade, algo así como un Mahattan nas costas galegas. Do mesmo xeito que na illa de Nova York, desembarcábase en San Simón a aqueles barcos que puidesen chegar a ser unha ameaza para a saúde pública, unha vez pasado este control, podían chegar a terra.

Tamén foi testemuña privilexiada da Batalla de Rande en 1702 coa armada anglo-holandesa, e do ataque das tropas francesas na Guerra da Independencia o 12 de abril de 1809 para castigar á poboación por prestar a súa axuda aos habitantes da próxima Tui.

O seu episodio máis negro e sinistro foi cando a empregaron como penal para presos políticos durante a primeira época franquista no período de 1936 a 1943, na que pasaron por ela miles de prisioneiros, chegando moitos a morrer neste lugar. Poderiamos dicir, que se converteu nunha illa-campo de concentración. Posteriormente foi utilizada como lugar de descanso da garda persoal de Franco –macabra ironía–, e padeceu máis tarde certo abandono.

En 1999 declarouse “Ben de Interese Cultural”.Actualmente restauráronse os edificios desta illa por parte da Xunta de Galicia, sendo considerado O Centro de Recuperación da Memoria Histórica de Galicia, para dunha vez recoñecer aos represaliados da etapa franquista. Tamén se utiliza para actividades relacionadas coa Universidade de Vigo.

O encargado de levar a cabo o proxecto de rehabilitación foi o arquitecto pontevedrés César Portela. Buscouse ser respectuoso coa contorna e a súa arquitectura, intentando desterrar o dramatismo da súa historia recente como campo de concentración da guerra civil. Logrouse un conxunto no que harmonizan en perfecta conxugación natureza e edificios da illa, alcanzando un certo aire de maxia e misterio.

Comentar que merecen unha mención os seus xardíns de bojs centenarios, chamados Xardíns dos Buxos.

Vídeo de César Portela da Illa de San Simón

Comparte!!!

Relacionados