O proxecto para a rehabilitación das termas da Chavasqueira entra no rexistro do Concello de Ourense

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal. A presentación do proxecto realizase case un mes despois do incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos. A empresa concesionaria,…

Ver+

Concello de Ourense, Xunta e Deputación analizarán actuacións estratéxicas nas Termas da Chavasqueira

“O Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia crearán un comité técnico para analizar as actuacións estratéxicas de desenvolvemento termal no ámbito de A Chavasqueira”. Así o confirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, logo dunha reunión na que participaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o deputado de Cooperación, Pablo Pérez e membros da Corporación local. Na súa intervención, o…

Ver+

Volven abrir os baños públicos das termas da Chavasqueira. Ourense

Os baños públicos da Chavasqueira, logo das reformas das reformas acometidas por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros, volven estar abertos. A reforma e modernización dos interiores deste servizo executouse de xeito que se lles dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións. Entre outras actuacións, colocouse un novo solo, realizáronse melloras na carpintería e sanitarios, e adaptáronse os aseos para persoas con mobilidade reducida. A rehabilitación dos baños públicos da Chavasqueira súmanse ás actuacións na contorna do Muíño da Veiga…

Ver+

Obxectivo: recuperar “canto antes” as Termas da Chavasqueira. Ourense

“A situación é complicada pero imos traballar entre todos para volver a recuperar isto e máis”, asegurou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tras visitar xunto co presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, as Termas da Chavasqueira logo do incendio. O alcalde anunciou a creación dun grupo de traballo para sumar esforzos entre as diferentes administracións para recuperar canto antes o servizo. “É un día terrible para a cidade, unha desgracia”, asegurou Vázquez Abad, quen incidiu en que “agora nos toca a todos traballar en conxunto, sumar e que entre…

Ver+

Campaña turística ‘deXconectar’ na Capital Termal. Ourense

Coincidindo co inicio da tempada alta, a Concellería de Turismo e Termalismo está a desenvolver accións de difusión e promoción turística en diferentes mercados obxectivos do destino Ourense. A campaña céntrase en presentar a nosa cidade coma un “destino onde deXconectar”, seguindo o lema presentado en FITUR a comezos de ano. Contempla accións publicitarias na Rede Nacional de Paradores, RENFE e Air Europa, todas con publicacións propias nas que Ourense estará presente nos meses de abril, maio e xuño. “Trátase dunha campaña na que facemos unha promoción por obxectivos moi…

Ver+

Pechan os baños públicos das Termas da Chavasqueira por reformas integrais. Ourense

Os baños públicos da Chavasqueira pechan desde este luns por mor das obras de reforma das  instalacións que se acometerán por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros e que teñen un prazo de execución previsto de 45 días. A actuación, consistirá na reforma e modernización dos interiores deste servizo, de xeito que se dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez pide “desculpas aos usuarios dos baños públicos da Chavasqueira polas molestias que poida supoñer…

Ver+

Iluminación máis eficiente nos paseos termais de Outariz e a Chavasqueira. Ourense

Os paseos termais de Outariz e a Chavasqueira mellorarán a súa iluminación e eficiencia enerxética fruto do proxecto de colaboración entre o Concello de Ourense e a Deputación, que executará o ente provincial e que terá un orzamento de 48.000 euros. O proxecto de colaboración co ente provincial súmase ás actuacións coas que o Concello vén apostando neste mandato por reivindicar e recuperar os espazos termais situados á beira do río Miño, con inversións por importe de 533.838 euros que significaron unha total renovación da contorna. Desde xuño de 2015…

Ver+

Mellora na eficiencia enerxética dos paseos turísticos – termais. Ourense

Foto©Porgaliciabaixo Os paseos turístico-termais nas ribeiras do Miño contarán cunha mellora da iluminación e da eficiencia enerxética grazas ao investimento de 48.000 euros contemplado no marco do Plan de Cooperación Provincial da Deputación de Ourense. Destinado a darlle valor a un dos nosos potenciais turísticos e de lecer e mellorar a experiencia dos usuarios, a reforma da instalación consistirá no subministro e instalación de novas luminarias viarias pechadas, de tecnoloxía LED, coa que se persegue ademais unha mellora ambiental mediante a redución de gases de efecto invernadoiro e un aforro económico importante.…

Ver+

Termas da Chavasqueira – Ourense Cidade

¬VER MAPA EN GRANDE CLICK AQUÍ Estas termas poderíase dicir que se atopan en la cidade, si queremos visitalas podes ir en coche, pero tamén paseando o no tren turístico que sae de la Praza Maior de Ourense. Por unha banda temos un recinto privado á beira do Río Miño, non obstante o prezo para acceder non é elevado, son prezos populares. Contas é as súas instalacións con diferentes piscinas ou pozas termais, e un circuíto tamén termal. Dispón nos seus interior vestiarios, duchas termais e cafetaría con terraza. Doutra…

Ver+

Ruta Termal Ourense Cidade

Foto©Porgaliciabaixo Ourense é auga, auga polos seus ríos, e auga polos seus manantiais termais. As dúas van da man neste caso; xa que existe unha senda peatonal duns cinco quilómetros, e esta só se atopa a uns minutos da cidade, e por suposto, tamén se pode acceder a ela andando. Este paseo ten unha contorna absolutamente privilexiada paralela ao río, entre praderas e frondosas arboledas, acompañadas polo son do Miño e salpicado este camiño polas diferentes termas e fontes termais. Partindo das proximidades da moderna Ponte do Milenio, chegaremos ao…

Ver+