Faro de Corrubedo en Ribeira

Aquí hai mares por todas as partes e tan distintos como para impor unhas curiosas formas á hora de administrar as súas fronteiras. Hai un mar antigo, convencional, clásico coas súas augas, correntes, espumas e mareas. E hai un mar de area estendido que parece inmóbil, aínda que non sexa esa a súa cualidade máis certa. A area deste horizonte móvese case á mesma velocidade con que lle crecen as uñas ao ser humano cunha saúde normal: medio metro ao ano. É unha masa de area viva entre os ventos…

Ver+