Xigantes e Cabezudos

As páxinas destinadas a enriquecer a historia de Pontevedra festexan a nova publicación do investigador Leoncio Feijoo Lamas. O traballo leva por título: Los gigantes de Pontevedra; tónica habitual é a edición a cargo do autor, cando ben merecería estar subvencionada. Cobrou forma na tan senlleira Imprenta C. Peón, a mesma da que saíra un bando que dicía: Os vellos non deben de namorarse. O autor é un investigador serio, dos que non erran o tiro. A Leoncio Feijoo gústalle enfrontar coa documentación. Vótalle horas de arquivo, traballa con paciencia…

Ver+

Unha exposición na Historia: ‘Entre Dúas Augas. Pontevedra 1930 – 1940’

(Fonte: Páxina de Facebook Arquivo Municipal de Pontevedra Sotelo)  Todo deu comezo coa inauguración da mostra, no Palacio de Exposicións e Congresos, o día trinta de abril. No entanto, a cousa viña dun gran traballo e esforzo previos que, tal vez, fan da exposición “Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940” a máis ambiciosa promovida polo Arquivo Municipal e unha das mellores, nos últimos tempos, sobre a historia da capital pontevedresa. Os principais “culpables” da iniciativa foron nomes coñecidos: Enrique Sotelo Resurrección dirixe o Arquivo Municipal de Pontevedra desde hai anos. Posúe…

Ver+

Festival Surfing The Lérez 2019. Pontevedra

21 – 22 de Xuño 21 de xuño de 2019 Heredeiros da Crus – Fondo Norte – Malkeda – Selvática 22 de xuño de 2019 Mushu – Basanta – Santi Araujo – Tony Lomba y Eladio Santos – Labretta Suede & The Motel Six – Sex Museum – Holywater – The Lelli’s Kellys – Rayotaser – Ortiga – Anaut – Thee Blind Crows – Familia Caamagno +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Historia das Alfombras Florais de Bueu e do Corpus

Foto: You tube No municipio de Bueu, a celebración da festa do Corpus remóntase ao século XVII. A partir da documentación máis antiga atopada na parroquia –libros da Confraría do Santísimo Sacramento dende 1740-  dedúcese que xa existía con anterioridade. Durante todo este tempo, a procesión que se realiza despois da misa evolucionou moito, tanto no seu percorrido como nos elementos empregados na mesma. Nun principio, o Santísimo limitábase á igrexa, onde había rodas de adoración por parte dos fregueses. Despois, esta ampliouse cunha procesión arredor do adro da igrexa,…

Ver+

Máis de 600 inscritos danse cita en Sanxenxo esta fin de semana no Campeonato de Galicia XCO e o Mini BTT.

Esta mañá, o Concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o presidente do Team Corbelo, Iván Pérez, presentaron o V Campionato de XCO que terá lugar en Punta Cabicastro (Portonovo), esta fin de semana. Ademais do campionato, tamén se anunciou a VII edición do MINI BTT Concello de Sanxenxo, que terá lugar no mesmo escenario na xornada matinal. Pola mañá a proba de MINI BTT terá lugar ás 10.30 h e será pola tarde, a partir das 16.30 h. cando se dispute a XCO. Para a primeira das probas hai un…

Ver+

Alcalde e reitor analizan as necesidades do campus da Xunqueira . Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa no marco dunha visita institucional e de traballo que o responsable da institución académica realizou ao Concello. Á reunión tamén se sumaron a concelleira de Universidade, Gloria Blanco, e do vicerreitor, Jorge Soto. No encontro abordaron diversos temas relativos ao campus universitario e á cidade como a necesidade de novos espazos ante a intención do Reitorado de solicitar novos graos para o campus local. De aí que analizasen as posibilidades edificatorias…

Ver+

Carta do alcalde de Pontevedra ao Presidente da Xunta de Galicia

Estimado Presidente: Nesta nova andaina do Goberno municipal, sería bo para Pontevedra manter un encontro entre ambas institucións para atender os asuntos en marcha e os pendentes, así como outros que deberan impulsar ambas administracións na cidade. Tal e como comentamos este luns, na inauguración da rehabilitación do edificio da Xunta de Benito Corbal, sería bo que falásemos con calma de proxectos de tal trascendencia para Pontevedra e a súa comarca como o Gran Montecelo, a variante de Alba ou da estación intermodal. Concretar outros como o pavillón da Parda,…

Ver+

Lores e Nuñez Feijoo inauguran o edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal. Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores salientou esta que chegar a acordos e a entendementos con outras administracións “é o camiño correcto” nas relacións entre os executivos, e exemplo dese acordo é a inauguración da rehabilitación do edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, que se realizou  coa presenza do alcalde e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez. Logo dunha visita polo edificio, o alcalde dixo estar satisfeito polo resultado xa que o inmoble “era un activo da cidade que estaba en situación de…

Ver+