O Concello de BUEU comeza as obras de rehabilitación do lavadoiro da Banda do Río

O Concello de Bueu comeza as obras de rehabilitación do lavadoiro da Banda do Río, que contan cun orzamento de preto de 25.000 euros estanse acometendo por parte Construccións Medraño con cargo ás subvencións de rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico – cultural 2018 da Deputación de Pontevedra. No proxecto mantivéronse as trazas compositivas existentes, utilizando materiais naturais como son a pedra e a madeira.  A cuberta arranxarase a un auga con acabado en tella cerámica, a fin de potenciar a presenza do lavadoiro, e tamén se instalarán dúas lonas…

Ver+

Homenaxe a Díaz Pardo no Día da Galeguidade Empresarial. Pontevedra

Pontevedra viviu o pasado sábado, 26 de xaneiro, a descuberta dunha escultura en homenaxe ao galeguista, artista e empresario Isaac Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade empresarial organizado polo Foro Enrique Peinador, co patrocinio do Concello de Pontevedra, que estivo representado na figura do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. A descuberta foi nos xardíns de Enrique Marescot, fronte á facultade de Belas Artes. O monumento leva colocado unha placa na que se pode ler: “Cando os anos me venzan, xa descomposto todo e farto de facer todo o…

Ver+

Arredor do Patrimonio Industrial Galego

Fotografía de Jose Chas (2016) tomada de https://memoriaindustrialengalicia.wordpress.com/galeria/#jp-carousel-21 Con motivo da inauguración, o pasado día 10, da exposición fotográfica “Memoria Industrial en Galicia” no Pazo da Cultura de Pontevedra, e máis dun coloquio a propósito do proxecto que tivo lugar na Casa da Luz o día 17 deste mes, traio a esta sección un feixe de impresións e lembranzas do que nestes sitios puiden ver e escoitar. No coloquio ofrecido como complemento á mostra falou en primeiro lugar o autor da mesma. E falou do seu traballo neste eido da…

Ver+

Historia, arquitectura e arte para afondar na Memoria industrial en Galicia . Pontevedra

Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade é o triplo obxectivo que hai detrás da exposición fotográfica “Memoria industrial en Galicia” que se pode ver, até o 24 de febreiro, na sala de exposicións do Pazo da Cultura. A mostra de José Chas vai máis alá dunha experiencia estético-artístico e é por iso polo que leva arredor propostas como a charla-coloquio. A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio…

Ver+

Obxectivo: “A Pedra Seca” Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO

A nova lei do Patrimonio Cultural de Galicia, en vigor desde agosto de 2016, asume as determinacións da Convención para a a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. O patrimonio inmaterial está constituído polo conxunto dos usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lles son inherentes, que as comunidades ou mesmo os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural. Entre elas, as técnicas artesanais tradicionais, actividades produtivas e procesos. A técnica da construción coa pedra en seco A técnica tradicional da…

Ver+

O alcalde de Ourense propón a incoación dun expediente de honra a Daniel Vázquez-Gulías

O Concello de Ourense saldará a débeda moral que a cidade tiña con Daniel Vázquez-Gulías e proporá a incoación dun expediente de honra para recoñecer a figura e o legado do arquitecto ourensán (nado en Beariz). Así llo comunicou esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aos membros da directiva da Fundación Vázquez-Gulías. Asimesmo, a fundación tamén remitirá diversas peticións neste senso remitidas por diferentes colectivos para fundamentar este expediente. Deste xeito, en virtude do artigo 20.1 do Regulamento de Honores do Concello de Ourense, o alcalde propón a…

Ver+

A arte dun Belén; Arturo Baltar

Publicado 27 Decembro, 2016 Arturo Baltar Santos, naceu en Noalla (San Cibrao das Viñas) en 1924,  e é escultor. Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de “panxoliñas”, son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. son a súa obra máis característica, entre a que destaca o Belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de nadal que…

Ver+