Retómase o acondicionamento do campo de fútbol de Ponte Sampaio. Pontevedra

A Unión Temporal de Empresas E.C.Casas – Imesapi retoma hoxe mesmo as obras de acondicionamento do campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio, ante a renuncia, o pasado mes de febreiro, da empresa Ediserpo. Serán estas dúas empresas as que se encargarán de continuar co proxecto e rematar toda a intervención prevista que vai máis aló da construción do campo, xa que tamén se inclúe a demolición das actuais instalacións deportivas e estender o espazo de lecer até a praia fluvial. No tocante ao campo de fútbol están…

Ver+

Iniciado Expediente de Honra a Fernando Bouso. Ourense

O Concello de Ourense iniciará un expediente de honra a Fernando Bouso, que finou o pasado 9 de marzo. Por iste motivo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, mantivo un encontro no Consello Municipal de Deportes con entidades deportivas que tiveron contacto profesional con el, para explicarlles este propósito do Goberno Municipal. Así, este recoñecemento suporía tamén que o Pavillón de Os Remedios pase a levar o nome de Fernando Bouso. “Fernando Bouso xa tería pasado á Historia do Deporte só coa súa faceta de adestrador do mítico C.D. Ourense…

Ver+

Os comuneiros de Salcedo ceden ao Concello 14.800 m2 para construír o futuro campo de herba sintética. Pontevedra

O Concello de Pontevedra xa dispón da cesión de uso da parcela de 14.800 m2 do monte comunal de Salcedo, no lugar de San Martiño -no baleirado existente do antigo campo de tiro da Brilat- para a construción do campo de fútbol de herba sintética e instalacións anexas na parroquia. Segundo contempla na acta de cesión, será por tempo indefinido, sempre e cando o Concello manteña o fin ou destino previsto. Na parcela está prevista a construción do campo de fútbol, o seu acceso, un estacionamento e instalacións de apoio…

Ver+

A Unión Deportiva Orensana

A Unión Deportiva Ourensá foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1942 e que desapareceu en 1952 en Ourense. Naceu en 1942 da fusión do Galicia Sport Club Ourense e o Burgas FC da cidade de Ourense. Chegou a xogar en Segunda División tres tempadas, pero en 1952, ao final das mesmas desapareceu a causa de problemas económicos. Na última tempada da súa historia chegou á final da Copa Federación, na que perdeu contra o Real Xaén por 3-1. Despois dese encontro o club declarouse en suspensión de pagos. Como sucesor da Unión Deportiva Ourensá,…

Ver+

A Casa do Celta de Vigo: O Estadio de Balaídos

Situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española. O topónimo do lugar deriva de Abeladíos, facendo referencia a un lugar onde abondan as abeleiras (arbusto) . O estadio é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez e foi inaugurado o 30 de decembro de 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-0. Entre 1967 e 1971 o concello levou a cabo…

Ver+

Crónica dun Partido de Lenda: Pontevedra 1- 0 Atlético de Madrid

Os xornais da época fixéronse eco da xesta do Pontevedra C. F. Coa efeméride do 75 aniversario da fundación do club, no coñecido como «Pacto das Palmeiras», queremos recordar un dos partidos de entre os moitos que se poderían escoller na historia do Pontevedra C. F. Corría o ano 1965 e o conxunto granate non destacaba por ter un gran cadro de persoal nin por posuír un orzamento millonario coma outros equipos. Sen embargo, nesa tempada sería capaz de poñerse líder en dúas ocasións; a primeira foi na sexta xornada…

Ver+