Degustación de produtos sen glute na Casa da Luz. Pontevedra

A Casa da Luz acollerá o vindeiro sábado 11 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, unha degustación de produtos sen glute, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) co soporte da Concellería de Benestar Social Municipal. A cita forma parte das actividades desenvolvidas pola asociación arredor do Día das Persoas Celíacas, que se celebra o 31 de maio. Acega traballa na divulgación da enfermidade celíaca e está a poñer o foco na necesidade de concienciar á hostalería da necesidade de que haxa opcións nas cartas para que as…

Ver+

O Concello de Pontevedra reúnese con veciños de Xeve e Verducido con motivo dos Mundiais de Tríatlon

O Concello de Pontevedra segue a manter nestas semanas encontros veciñais para explicar pormenorizadamente os percorridos dos campionatos do mundo de tríatlon que se celebrarán na cidade do 26 de abril a 5 de maio. Onte foi no Teleclub de Santo André de Xeve, e hoxe pola tarde, ás 20.30 horas, será no Local social de Verducido. Aos encontros asisten a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, a concelleira delegada do rural, Pilar Comesaña e o portavoz da Policía Local, Manuel Omil, que ademais de explicar os percorridos das probas que…

Ver+

Ponteguapa cambia as datas da repartición de plantas polo mal tempo. Pontevedra

A Concellería de Parques, Xardíns e Medio Natural informa do cambio de datas de repartición de plantas que se está a facer ao abeiro de Ponteguapa, a iniciativa municipal coa que Pontevedra dálle a benvida á primavera. Quedan tres quendas de repartición por facer, após das realizadas os pasados días 29 e 30 de marzo nas praza da Peregrina e rúa Virxe do Camiño. As novas datas son as seguintes: Xoves, 11 de abril – Praza da Audiencia – 18.00 horas Venres, 12 de abril – Praza do Hospital –…

Ver+

Cabos Soltos. Unha nova aposta pola escena creativa emerxente. Pontevedra

O Concello pon en marcha Cabos Soltos, un novo programa que nace co obxectivo de darlle pulo á escena creativa emerxente de Pontevedra, de activar as salas e os locais de hostalería da cidade para que, ademais de ofrecer o servizo para o que están autorizados, apoien a creación local. Unha gran festa-presentación de tres días -21, 22 e 23 de marzo- na que participarán arredor de 40 bandas e artistas en 25 establecementos hostaleiros – marcará o inicio de Cabos Soltos. Unha iniciativa que vai a permitir contar cun catálogo…

Ver+

A cidade en imaxes. A xogar!. Concurso fotográfico. Pontevedra

I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar! A temática xira arredor de como as nenas e os nenos viven o espazo público de Pontevedra, co obxectivo de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía da cativada na nosa cidade. Poderá participar no certame toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada á fotografía. A imaxe gañadora será premiada con 800€. O prazo de recepción de propostas abriuse hoxe 14 de marzo, ao mediodía e pechará o día 22 de…

Ver+

A creación de UTEs, nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 2 de febreiro de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo. Trátase do Obradoiro de creación de UTEs, onde se vai a falar de como presentarse a licitacións públicas en UTEs e como sacarlle partido e facer mais competitiva a rede Puntazo!! Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e…

Ver+

A innovación e a intercooperación empresarial centran a nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 19 de xaneiro -de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo, centrado por segunda vez nos “Procesos colaborativos (2)” mais nesta ocasión porá o foco nos seguintes aspectos: innovación colaborativa e como desenvolver novo proxectos de intercooperación en clave colaborativa. Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e actividades creativas…

Ver+

Historia, arquitectura e arte para afondar na Memoria industrial en Galicia . Pontevedra

Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade é o triplo obxectivo que hai detrás da exposición fotográfica “Memoria industrial en Galicia” que se pode ver, até o 24 de febreiro, na sala de exposicións do Pazo da Cultura. A mostra de José Chas vai máis alá dunha experiencia estético-artístico e é por iso polo que leva arredor propostas como a charla-coloquio. A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio…

Ver+