Unha loitadora e valente Dora “a desbrozadora” e unha fouciña transformada en símbolo feminista son as iconas arredor da que xira a campaña gráfica do 8 de Marzo do Concello de Pontevedra que foi presentada pola concelleira de Igualdade, Carme Fouces xunto co debuxante Luís Davila, autor do cartaz, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Rosa Campos. Carme Fouces agradeceu a colaboración de Luís Davila a quen definiu como “unha das persoas que ten máis pillado o enfoque feminista desde a perspectiva galega”. “Foi capaz de…
Ver+